Tip:
Highlight text to annotate it
X
A miña historia comeza en Zimbawe
...con Orpheus, un garda forestal moi valente...
...e un búfalo ferido.
Orpheus mirouno no chan, e miroume...
...e cando os nosos ollos se cruzaron, sentimos unha aflición que non se pode expresar.
Era fermosa, inocente e salvaxe...
...e Orpheus ergueu a boca do rifle ata súa orella. (Disparo)
Nese intre, comezou a parir.
Mentres o cachorro prematuro perdía a vida, examinabamos as súas feridas.
Cortou a pata traseira nunha trampa de arame.
Loitou moitísimo e tanto tempo pola súa liberdade...
...que se lle desgarrou a pelves pola metade.
Pero conseguiu liberarse.
Señoras e señores, hoxe sento unha gran responsabilidade
de falar en nome de aqueles que non poden.
O seu sufrimento é a miña aflición e motivación.
Luther King resume o meu chamado ás armas:
«Chega un momento en que unha persoa debe adoptar unha postura que non é nin segura...
...nin politicamente aceptable, nin popular...
pero debe adoptala porque é o correcto».
Porque a conciencia dinos que é o correcto.
Ao final desta charla preguntareilles algo.
Esta pregunta é a única razón pola que estou aquí,
pola que viaxei dende a Sabana.
Esta pregunta liberou a miña alma.
Como respondades esta pregunta será sempre cosa vosa.
Recordo ver o filme «O mago de Oz» de neno.
Nunca tiven medo da bruxa ou dos monos voadores.
O meu maior medo era medrar coma o león, sen coraxe.
E crecín preguntándome se tería coraxe.
Anos despois de que Dorothy volvera a Kansas...
...e o león atopara a coraxe...
...entrei nun local de tatuaxes...
...e tatueime no peito «Seek and Destroy (atopar e destruír)».
Pensei que isto faríame máis forte e valente.
Con todo, levoume un decenio aplicar estas palabras.
Aos 20 anos, fun mergullador profesional da mariña.
Aos 25, francotirador de operacións especiais.
Sabía axustar con exactitude a mira do meu rifle...
...para acertar un tiro á cabeza dun obxectivo a 700 m.
Sabía con exactitude cantos gramos de explosivos fan falla...
...para voar unha porta de aceiro, dende uns metros máis lonxe,
sen que o meu equipo e mais eu estouparamos no intento.
Sabía que Bagdad era un lugar de merda e cando as cosas estoupan...
... a xente morre.
Naquel entón, non tiña nin idea do que facían os ecoloxistas,
fóra de abrazar árbores e tocar os collóns ás empresas. (Risas)
Sabía que eran can-frautas e que fumaban porros. (Risas)
Non me importaba unha merda o medio ambiente. Por que ía preocuparme?
Era un parvo a toda velocidade no meu coche intentando ferir aos paxaros da rúa.
Estaba moi lonxe do ecoloxismo.
Estiven 9 anos facendo cousas na vida real...
...que a maioría nin soñaría con facelas na consola.
Tras 12 misións en Iraq como «mercenario», as miñas habilidades eran boas para unha cousa:
estaba programado para destruír.
Mirando atrás, a pesar de todo o que fixen e os lugares nos que estiven...
...no meu corazón, só protagonicei un acto de coraxe.
E foi unha simple elección: decidir si ou non.
Pero este acto defíneme totalmente...
...e garante que nunca será diferente o que fago e o que son.
Cando deixei Iraq estaba perdido.
Sentín que non tiña nin idea do que me deparaba a vida...
...ou a onde tiña que ir e cheguei a África en 2009.
Tiña 29 anos.
Sempre souben que encontraría unha meta entre toda a desorde...
...e foi o que pasou.
Porén, non tiña nin idea que a atoparía nun lugar remoto do bosque de Zimbabue.
Patrullabamos sos, os voitres trazaban círculos no ar.
Achegándonos, o fedor da morte afogábanos, no ar coma un veo sufocante e escuro...
...que aspiraba o osíxeno dos nosos pulmóns.
Achegándonos, vislumbramos un elefante xigante....
...descansando, coa cara arrincada.
E o mundo ao meu redor detívose.
Unha tristeza profunda e conmovedora inundoume.
Ver unha criatura inocente asasinada así, afectoume coma nunca antes.
Practiquei a caza furtiva de rapaz e moitos recordos levareinos á tumba.
O tempo fíxome cambiar de parecer; algo dentro de min xa non era o mesmo.
E nunca o será.
Pregunteime, "¿este elefante necesita a súa face...
...máis ca algún neno en Asia un canino no seu escritorio?"
Por suposto que si, pero isto é irrelevante.
O importante alí e entón foi:
¿serei tan valente como para renunciar a todo na vida...
...e intentar deter o sufrimentos dos animais?
Este foi un momento decisivo na miña vida:
¿si ou non?
Contactei coa miña familia e vendín todas as miñas casas.
Estes son os bens que adquire un mercenario ben aconsellado cos seus ingresos da guerra.
Os meus aforros destináronse á fundación e crecemento...
...da International Anti-Poachung Foundation (Fundación Internacional contra a Caza Furtiva).
A IAPF é unha organización de acción directa e aplicación da lei.
Dende drones de combate, ata certificacións internacionais para gardas forestais,
combatemos todos os días co fin de obter solucións militares
para preservar a fina liña verde.
Quizais a miña historia singular,
mais non a empregarei para falarlles sobre a organización que dirixo...
...na que podería ser un bo recadador de fondos.
(Risas e aplausos)
Recordade, o importante é a pregunta que vos formularei ao final.
Non son capaz de estar aquí hoxe falándolles sobre a protección da fauna salvaxe...
...cando sei que o benestar dos animais, vai máis aló da nosa sociedade.
Uns anos despois de ver aquel elefante erguinme moi cedo unha mañá.
Xa sabía a resposta da pregunta que me fixera a min mesmo,
pero era a primeira vez que a dicía en voz alta.
¿Unha vaca valora a súa vida máis do que eu desfruto un churrasco?
Fun culpable todo este tempo do que se denomina «especismo».
Isto é semellante ao racismo ou sexismo.
Supón a asignación dun conxunto diferente de valores,
dereitos ou consideracións con respecto aos individuos...
...baseada unicamente en quen ou que son.
Ao entender que me escudara nunha moral flexible...
...para encaixar as comodidades cotiás, revolvéuseme o estómago
Prefería culpar rexións de Asia pola demanda insaciable de marfil e cornos de rinoceronte..
...e o modo no que o seu boom de crecemento económico...
...aumentou radicalmente o comercio ilegal de fauna salvaxe.
Cando espertei aquela mañá, decateime de que...
...aínda que dedicara a miña vida a salvar aos animais,
eu non era mellor ca un cazador furtivo...
...ou o neno en Asia cun corno no seu escritorio.
Debido ao consumo desenfreado de carne animal, referíame a estes animais como "bestas"...
...cando en realidade eu fora a besta: destrutivamente obediente,
un escravo dos costumes, dinlle as costas a miña conciencia.
Todos temos contacto con mascotas ou outros animais o longo da nosas vidas.
Non podemos negar que entendemos os seus sentimentos.
A capacidade de sufrir dor ou soidade...
...e de ter medo.
Así coma nós, os animais teñen a capacidade de expresar alegría,
de construír unha familia e de satisfacer os seus desexos e instintos básicos.
En cambio, moitos de nós...
...non permitimos que a nosa imaxinación divague máis aló...
...para que a verdade non incomode os nosos hábitos.
A desvinculación que existe entre o consumo dun produto...
...e a realidade que supón traelo ao mercado é un fenómeno en si mesmo.
Os animais trátanse como materias primas e referímonos a eles como a nosa propiedade.
Chamamos «asasinato» a matar seres humanos mais creamos industrias legais e ilegais...
...nas que, se os humanos estiveran involucrados, se considerarían de tortura.
E pagamos traballadores para facerlles cousas aos animais que ningún sería capaz de facer.
Tan só porque non o vexamos preto, non significa que non sexamos responsables.
Peter Singer, o home que popularizou o termo «especismo» escribiu:
«Aínda que existen diferenzas entre os animais e os seres humanos...
...todos compartimos a capacidade de sufrir».
E debemos darlle a mesma consideración ao seu sufrimento.
Calquera postura na que casos similares se traten cunha tendencia diferente...
...non se considera unha teoría moral aceptable.
Este ano matáronse 65 mil millóns de animais en granxas industriais en todo o mundo.
¿Cantas vidas animais merece un so ser humano?
Un carnívoro consume unha media de 8 000 animais ao longo da súa vida.
A contaminación do mar, o quecemento global e a deforestación...
...condúcenos á próxima extinción masiva...
...e a industria cárnica é o factor negativo máis influente deste fenómeno.
O tráfico ilegal da fauna salvaxe está considerado unha das industrias criminais máis grandes do mundo...
...xunto co tráfico de drogas, armas e seres humanos.
A capacidade de frear este estrago...
...radica na disposición dunha comunidade internacional...
...de dar un paso e preservar o último hálito do tesouro mundial.
O emprego de animais para a experimentación.
Se son tan parecidos a nós que podemos experimentar con eles en lugar de con humanos...
...entón, eles terán os mesmos atributos...
...polo que merecen ser protexidos do sufrimento.
Tanto se falamos da gandería intensiva ou exportación de animais como da caza furtiva ou o comercio de pel,
loxicamente, todo está no mesmo saco.
O sufrimento é sufrimento,
o asasinato é asasinato...
...e canto máis indefensa sexa a vítima,
máis espantoso será o crime.
A próxima vez que penses que un amante dos animais e demasiado sensible,
demasiado vehemente ou mesmo tolo, recorda:
vemos as cousas dende unha perspectiva diferente.
En poucos días, nacerá o meu fillo.
Pregúntome: ¿a que clase de mundo o vou traer?
¿Seremos a xeración que determine o noso fracaso como especie?
Penso que a nosa xeración será xulgada...
...pola coraxe para protexer o correcto...
...e que cada acción que pague a pena, require un grao de sacrificio.
Ofrézome sen reservas aos animais.
Cando me quito as vestiduras,
decátome de que tamén son un animal.
Somos familia. Xuntos no mesmo planeta.
Porén, de entre os cinco millóns de especies deste planeta...
...só unha ten o poder para decidir que nivel de sufrimento é aceptable...
...para que sobrevivan o resto dos seres vivos.
Sexa comendo menos carne,
ou contribuindo na loita contra o furtivismo ou falando polos que non teñen voz
todos tomamos decisións.
E pequenos cambios na nosa vida significan grandes cambios para outros
Volvendo ó principio
O motivo polo que estou aquí é facervos esta pregunta
a próxima vez que teñades a oportunidade de marcar unha diferenza polos animais...
...¿seredes quen de facelo?
¿Si ou non?
Moitas grazas.
(Aplausos) Tradución: Uxía Rocha Fernández Revisión: