Tip:
Highlight text to annotate it
X
A Wikipedia é unha organización sen fins lucrativos, pero é a quinta páxina web máis visitada do mundo. Todos os artigos da Wikipedia están escritos por voluntarios.
Queremos presentarche algunhas desas persoas...
Son do Nepal.
Son de Iraq.
Eu veño da India.
Son de Byram, Nova Jersey.
Vivo en Birmingham, Inglaterra.
Chicago, Illinois. La Paz, Bolivia. Nairobi, Quenia.
Kuala Lumpur, Malaisia. Milán en Italia. Sudáfrica.
Polonia. Xapón. Armenia.
Brasil. Rusia. Botsuana.
Israel. Usbequistán. Hong Kong.
Istambul. México.
Chattanooga, Tennessee.
Ao primeiro, cando comecei na Wikipedia en 2008, creei moitos artigos.
Coido que un deles era sobre unha muller chamada Mariam Nour.
Non había ningún artigo sobre ela, así que... ese foi o meu primeiro artigo.
Logo esquecín o artigo! E dous ou tres anos despois
atopei o artigo. Quedei pampa.
Máis de 100.000 persoas leran o artigo.
Utilizárono para obter información del. Dalgún xeito chegaron ao artigo
e ti sentes que influíches en máis de 100.000 persoas.
Estaba atemorizada a primeira vez que premín no botón "Editar".
Pensei: "Meu Deus, vouno estragar todo! Non pode funcionar! Non o podo facer!"
A Wikipedia é un proxecto de código aberto no que cadaquén pode achegar a súa idea
para que logo outra persoa veña e perfeccione esa idea para facela extraordinaria.
Hai milleiros de persoas traballando cada día, cada hora, cada minuto na Wikipedia para mellorala.
Un factor moi importante é o voluntariado. Esta é unha forma única de ser voluntario.
Consegue reunir tanto a profesionais coma a afeccionados que comparten unha paixón por un tema en particular.
Xente que tiña opinións diferentes ao principio comeza a colaborar.
Moito do que poderías supor que unha enorme corporación da internet é capaz de facer
está xestionado por voluntarios coma min.
Non podes dicir: "De acordo, eu teño razón, ti estás equivocado, esta é a miña versión do artigo!"
Se hai algún problema de subxectividade,
entón posiblemente alguén xa marcou o artigo; se non é así, eu podo sinalar o problema.
Tes centos e milleiros de persoas vendo
e corrixindo todo.
Entón premín no botón e...
Bum! A viaxe comezou e foi fantástica.
Primeiro empecei con "Probabilidade".
O primeiro artigo que comecei foi "Probabilidade".
Un dos artigos máis importantes que escribín na Wikipedia foi
o artigo sobre as feridas por arma branca.
Escribo sobre a pesca con mosca,
a historia de Montana, a historia dos parques nacionais, Yellowstone.
Colleitas infrautilizadas. Xogadores de xadrez. Biodiversidade.
Historia militar. Historia de Armenia. Historia de Roma.
Xuíces. Comunicación. Biografías. Fútbol.
Irlanda. Pensilvania. Fotografía, principalmente.
Pink Floyd. Repostaría, porque me gusta enfornar.
Armas nucleares e radioactividade
e kaiak en augas bravas. 00:02:52,201,00:02:56.000 Existe unha enorme cantidade de información espallada por aí
e nós estamos reuníndoa toda nun único lugar.
Estamos ofrecendo coñecemento libre a todas as persoas
na súa lingua, para que poidan utilizalo.
Toda a xente sae beneficiada con isto, sexa rica ou pobre.
As compañías comerciais teñen motivacións e necesidades diferentes.
Non recibo ningún salario da Fundación Wikimedia. Tampouco pagan os meus gastos.
Coido que é moi importante poder dicir claramente:
"Oe, cando pido os teus cartos, non pido o diñeiro para min...,
...senón que pido os cartos para a Fundación, que é o equipo que apoia esta incrible comunidade da que formo parte".
Creo que a Wikipedia me deu esta oportunidade para marcar a diferenza no mundo.
É coma un investimento para o teu futuro, para o futuro dos teus fillos.
Grazas
O contido deste vídeo está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual v3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl), a menos que se indique o contrario. Esta obra pode atribuírse a: Victor Grigas, Fundación Wikimedia. Os puntos de vista e as opinións expresadas no vídeo pertencen unicamente ás persoas que aparecen nel e non reflicten necesariamente as políticas ou posicións de ningunha compañía, organización ou institución da que a persoa poida ser membro. As marcas comerciais e os logotipos da Fundación Wikimedia e calquera outra organización non están incluídos baixo os termos desta licenza Creative Commons. As marcas e logotipos da Wikimedia, incluíndo "Wikipedia" e o logotipo do quebracabezas en forma de globo son marcas rexistradas da Fundación Wikimedia. Para obter máis información, consulta a nosa política de marcas ou ponte en contacto con nós no enderezo trademarks@wikimedia.org.
Este vídeo está publicado baixo unha licenza Creative Commons.
Como a Wikipedia, pode copialo, modificalo e compartilo libremente. �