Tip:
Highlight text to annotate it
X
TOP 10 Razóns polas que sabemos que a Terra é redonda. 10. Todas os planetas e estrelas que coñecemos
son redondos, polo que non hai razon para pensar que a Terra sexa un caso especial.
9. Zonas horarias. O día e a noite transcorren ao mesmo tempo en diferentes sitios da Terra - de feito,
é día e noite en todo momento nalgun lugar do planeta.
8. O efecto Corillis significa que as cousas que sofren un movemento libre (como so mísiles ou os furacáns)
son desviados cara a dereita - só se están ao norte do ecuador. Se se atopan ao sur del
estes serán desviados cara á esquerda. 7. Triángulos. Se camiñas 10 000 km en liña recta
pola superficie terrestre, xiras 90º cara a túa dereita, andas outros 10 000 km máis, e xiras outra vez cara a dereita
e camiñas outros 10 000 km, atoparaste no lugar de partida orixinal, acabando de conseguir
facer un triangulo con 3 ángulos de 90º. Como calquera estudante de xeomtría che pode explicar, isto
é totalmente imposible nunha superficie plana. 6. O Sol, en xeral, situase cada vez máis baixo
no ceo a medida que nos afastamos do ecuador feito que podemos utilizara para medir a curvatura
da Terra. Escolle dous lugares separados uns centos kilómetros medidos de norte a sur, e,
ao medidodía, mide a lonxitude das sombras proxectada por unha vara vertical. Podes usar
a lonxitude das sombras para deducir o ángulo entre as dúas varas e unha vez que coñeces o afastados
que están, desta forma poderás calcular a curvatura da Terra.
5. A posición das estrelas cambia segundo te atopes no norte ou no sur - por exemplo, Orion está cara abaixo
se estás en Australia!! 4. Fernando de Magallanes (e moita outra xente tras el)
deu unha volta ao mundo. Isto significa que empezou indo cara o oeste, seguiu cara o oeste, e volveu
ao sitio de partida, seguindo navegando cara o oeste (en realidade, Magallanes morreu, pero foi un dos seus
barcos - liderado por Juan Sebastián Elcano - o que rematou a viaxe). Se te deprazas cara o oeste e das a volta ao mundo
por ti mesmo, saberalo porque observarás un amencer menos que
os que se quedaron na casa. 3. O horizonte. Os barcos no océano ou os altos
edificios de Chicago vistos dendo o Lago Michigan desaparecen primeiro pola parte baixa. Tamén podes ver dúas
veces a posta de sol se a ves tumbado e logo te ergues rapidamente. O máis feito simple é,
se a Terra fora plana, non habería un horizonte sobre o que as cousas desparecen
e serías capaz de ver os edificios de Chicago por todo o Lago Michigan… da mesma forma que
as Montañas Rochosas. 2. Durante un eclipse lunar, a sombra da
Terra na Lúa está curvada. E... 1. Sabemos que a Terra é redonda porque temos
evidencias fotográficas.