Tip:
Highlight text to annotate it
X
E a vostede que lle poño hoxe? Nin moño nin melena, algo moderno.
O de sempre. Dígoche que xa non se pode ler nada,
todo son malas noticias... É que che amargan a vida!
Se vos conto o que fixeron os meus netos... Un deles preguntoume se habería algún
sitio en Galicia que non se nubrase nunca... E outro dixo que coñecía o home máis sabio de Galicia
E alá foron. Chegaron e, por suposto... era unha muller!
Home!! E díxolles:
O único que non se nubra nunca en Galicia é a nosa alegría. Porque a nosa alegría
vén da nosa forza, e a nosa forza vén da terra.
Os carballos e os acantilados fannos recios. Os ríos un pouco arrevesados. A choiva... creativos.
E os seráns, sensibles e morriñentos.
Tola de todo!... E non lles dixo nada?
Díxolles, que hai algo na terra que nos axuda a tirar para adiante.
E é verdade, sempre o fixemos. E en todo o mundo!
E nunca deixamos que nos amargasen a vida!
Isto é boísimo! Tedes que emitilo! Mira a miña nai, case cen anos, viviu de todo.
E cada vez que tiña un problema dicía: "Traballemos moito pero desfrutemos moito".
Por iso non perdeu unha repichoca, eh? Hai que traballar e desfrutar con determinación.
que somos galegos!! A nós ninguén nos amarga un plan!!
Se imos á praia... imos á praia! Aínda que sexa con chaqueta!
E se nos bañamos sempre dicimos: Está boísima!
E se a cousa se pon fea.... Comida-merenda-cea!
E se alguén se pon un pouco pochiño... cen visitas ó día, que non collen na habitación
e como novo! Como di o meu Paco: "Se non me preocupa viaxar
no espazo, nunha bola enorme, a miles de quilómetros por segundo, entre meteoritos
e lixo espacial, voume preocupar polo demais?
Que profundo! Aquí todos somos profundos, filla...
Uns máis que outros... Tanta preocupación, tanta preocupación
e a xente seguirá coñecéndose, namorándose... Seguirá abrazándose, quedando, rindo...
Porque os galegos sabemos que este é o mellor dous mil trece das nosas vidas...
Non hai outro.... E iso fainos desfrutar máis da vida
da xente, dos amigos... Así que saiamos aí fóra, desfrutemos de todo o que temos...
E vivamos... Vivamos.... Vivamos como galegos!
Ai, como chove!
A que está caendo!
Sabedes que vos digo? Que se chove... que chova!