Tip:
Highlight text to annotate it
X
MANIK GUPTA: No pasado os cartógrafos sempre se centraron en levar persoas
do punto A ao punto B. Os mapas estaban deseñados para exploradores. A xente viaxaba
dun país ao outro en barco e necesitaba un mapa para guiarse. Non obstante, atendendo
ao ocorrido nos últimos anos, todos nos convertemos en exploradores.
Pode que non naveguemos nun barco durante seis meses para descubrir
novos mundos, pero si intentamos descubrir os micromundos que nos rodean.
PETER BIRCH: En realidade Google Maps está creando o mapa da era moderna.
MICHAEL WEISS-MALIK: Os mapas vellos eran de papel, planos e dobrábanse para metelos
no portaluvas. Hoxe en día os mapas son dinámicos, vivos, interactivos e adáptanse
a ti, por exemplo, para darche as indicacións desde onde estás ata onde queres ir.
CHIKAI OHAZAMA: Cando sacamos Google Maps, tratábase dunha tecnoloxía que
non existía ata ese momento. Non consiste en facer clic para que saia un mapa panorámico,
senón en arrastralo e movelo por un navegador web. A xente nunca vira algo así.
BRIAN MCCLENDON: Chamámolo mapa desprazable, pero foi a reacción favorable da xente
a que fixo posible a interacción, o que cambiou a forma de usar mapas. Despois
incluímos imaxes por satélite e a xente atopou un motivo para visitar lugares novos
para poder velos por primeira vez.
PETER BIRCH: E incluímos Street View, que dá unha sensación de familiaridade aos lugares
aos que se vai ir ou que talvez se visiten.
LUC VINCENT: Street View foi unha idea de Larry Page. O concepto era que había
unha chea de información interesante nas imaxes tomadas a nivel da rúa, e pensou que
podería ser interesante poñer cámaras en coches, moverse con eles e organizar toda a
información. Resultou que era complicado. Desenvolvemos as nosas propias cámaras e
logramos mellorar considerablemente esta plataforma.
A estas alturas do proxecto temos diversas plataformas para capturar imaxes. As máis
comúns son os coches, pero tamén temos motos de neve ou triciclos.
O triciclo puxémolo en barcos e trens e hai pouco levamos a tecnoloxía de Street View
a algunhas covas, así que tratamos de ir a todas partes.
MICHAEL WEISS-MALIK: O truco de Google é facermos un gran traballo de ensamblado
do material para crear unha imaxe xigante do planeta que se poida achegar ou afastar.
MANIK GUPTA: O noso obxectivo é crear un mapa moi dinámico que vaia cambiando a medida
que cambia o mundo. Por iso lanzamos en 2008 un produto chamado Google Map Maker,
que permite que os usuarios colaboren con Google editando e achegando datos dos mapas.
PETER BIRCH: Os usuarios axúdannos a mellorar os mapas. Se pecha un negocio local,
as persoas que viven nesa rúa serán as primeiras en sabelo e podemos
asegurarnos de que ese cambio queda reflectido para todo o mundo.
CHIKAI OHAZAMA: Os mapas no teléfono son algo que sempre quixemos facer. É unha
desas cousas obvias: ao saír da casa é moi importante saber
onde estás e cara a onde vas ir.
MANIK GUPTA: Google Maps en Android inclúe a navegación para coche paso a paso, que é moi útil.
SEBASTIAN THRUN: Non obstante, a maioría de nós pasa máis tempo dentro de edificios que
fóra. Así que desempeñamos un papel decisivo na creación de mapas de interiores.
BRIAN MCCLENDON: Creamos mapas de moitos centros comerciais de Estados Unidos e Xapón.
E as nosa expectativa é que no futuro próximo todos os espazos públicos dos Estados
Unidos e do mundo enteiro teñan o seu mapa para poder situarse con exactitude
ao camiñar cun teléfono dentro deses edificios.
CHIKAI OHAZAMA: É impresionante sacar o meu teléfono do peto e dicir que
o conseguimos, que isto é aquilo co que soñabamos hai 10-12 anos.
PETER BIRCH: Levamos percorrido un longo camiño na modelaxe do mundo, pero aínda queda
moito por diante. O que pretendemos (e pode soar disparatado) é
volver construír o mundo enteiro en 3D. E innovamos constantemente para facelo posible.
Agora estamos desenvolvendo unha tecnoloxía para modelar cidades enteiras en 3D a partir
de imaxes aéreas de alta resolución. Así a nosa cobertura en 3D será aínda máis ampla
e poderemos crear un mundo paralelo máis realista no que somerxerse.
Crear un mapa para a era moderna é un traballo inxente, pero estamos moi comprometidos
e avanzamos moito.