Tip:
Highlight text to annotate it
X
Estás a ver British Television.
Tiñamos un imperio!
SIV-ART PRODUCTIONS
Webserie sen título sobre un viaxeiro do espazo que tamén pode viaxar polo tempo
XUVENIL O EXTRAORDINARIO, Parte 4 por Eric Loya e Travis Richey
Vaia, isto confírmao. Véndoo de fóra, podo afirmar concluintemente que, si,
os plastróns SON elegantes.
Mmm, non é incríbel?!?
Quero dicir, non vas só pórte tipo "O que? O que?"
Oh non! Parece que teño que limpar os teus miolos da parede e do chan
xa que isto foi... moi... explosivo!
Si, é fascinante.
É cuspidiño a min, até o máis mínimo detalle.
Quen é? Quen es?!?
Son TI.
Non, non non, non. Non, non me podes estragar isto.
Sabes perfectamente ben QUEN é.
Si, mais NON es eu. Non completamente.
EU SON completamente eu, e non pode haber dous completamente-eus por aí, entón...?
De feito, EU SON ti, total e completamente. Excepto...
Ah ha! "Excepto"! Sempre hai un "excepto". Que es, un clon ben feito, talvez?
Non un clon, máis ben...
Un xemelgo perdido hai moito tempo!
Oh, vamos, estás a ser ridículo.
Shh! Estamos a ter unha conversa, aquí.
Non un xemelgo.
Gah! Sabes...? De acordo, realmente non sabes...? De acordo. Nyyah!
El é o ti malvado! O quee? Oh, si! É certo! Moi ben! Pensei que sería... De acordo.
El é TI, mais con todas partes malvadas amplificadas!
É iso verdade?
É verdade abondo.
E fuches creado por... el?
Así é, Inspector. Eu, o teu arquiinimigo, creei o teu par perfecto.
Entón téñoo claro. Ti es o eu malvado. E fuches creado por este home de aquí.
SI! SI!! Mil veces, SI!
Vaia. Nese caso...
Inesperadamente fácil?
Lamentabelmente si, diría eu.
CONTINUARÁ...
Antigos mellores amigos que tiveron a peor rifa da galaxia!
Matar O Inspector e reemprazalo polo seu dobre malvado!!
Debido á ameaza dunha acción legal!!!
Estas respostas e máis poden, aínda que probabelmente non, ser preguntadas na próxima semana!
Na mesma Espazo-Canle!
No mesmo... ESPAZO-TEMPO!
Tradución: MeigaSubs www.osarquivosdameiga.com