Tip:
Highlight text to annotate it
X
Estás a ver British Television.
Nós chamamos "ascensores" aos elevadores!
SIV-ART PRODUCTIONS
Webserie sen título sobre un viaxeiro do espazo que tamén pode viaxar polo tempo
XUVENIL O EXTRAORDINARIO, Parte 3 por Eric Loya e Travis Richey
Piper!
Procede con precaución!
Este é Xuvenil o Extraordinario. É astuto, e a astucia debe sempre, sempre ser temida.
Isto parece o cuarto dun neno moi vello...
Oh! Ola! Síntoo. Non me decatara de que ía ter compañía!
Eh. Sempre é agradábel coñecer xente nova, supoño!
En que vos podo axudar?
Non nos trates de parvos, Xuvenil. Sabes moi ben por que estamos aquí.
Espera... ESTE é "Xuvenil o Extraordinario"?
De verdade?
Aviseite de que non baixases a garda.
Vaia, si, mais quero dicir...
Síntoo!
Agora, quen es ti?
Non tes que tentar enganarme, Xuvenil.
Podo parecer diferente da última vez que nos encontramos, mais sabes moi ben que son O Inspector!
Laméntoo inmenso, non dou caído da burra...
"Inspector", dixeches? É que...
Chega de nenadas!
Ei, olla, isto é tan embarazoso para min como para ti, prométocho!
Oxalá me lembrase de ti, de veras! É que... "Inspector", eh?
Inspector que?
Inspector, creo que realmente non te recoñece!
Oh, coñéceme, abofé.
Sabes cal penso que é o problema?
É ese "Inspector", é unha palabra moi común, sabes o que quero dicir?
Quero dicir, non é un nome... non é un nome!
É como... "Doutor", non é? Quero dicir, se é algo é unha profesión.
Quero dicir, supoño que "O" Inspector fai que sexa un POUCO máis específico, mais mesmo así, é que...
Inspector, non te coñece.
Certo! Certo! Non o coñezo...
Vaia... ou é iso ou é que estou a facer intencionadamente que dubides de ti mesmo...
Forzándote a xogares ao meu xogo...
Facendo... TEMPO.
Piper, fuxe.
O que?
Vaia, creo que quere que te retires, con urxencia. Marchar. Cispar. Liscar!
Saír, só que máis rápido! Salvarte...
Ir indo, agora.
Chámanche Xuvenil porque pareces un neno?
Son... son inmortal... rapariga. PA-RA-SEM-PRE.
Porque sei coidar de min mesmo...
Ou é Xuvenil porque hai algo un pouco andróxino en ti?
Piper.
Ben, iso non o acabei de pillar.
Piper! Fuxe!
Certo! Certo, perdoa!
Que hai atrás da porta, Xuvenil?
Non teño nin idea! Vámolo descubrir, paréceche??
CONTINUARÁ
O Inspector realmente quería que Piper fixese todos eses sinónimos de "fuxir"?
Por que Xuvenil leva anteollos?
E DOUS Inspectores... O QUE???
Non dou imaxinado como poderiamos responder todas estas cuestións na próxima semana!
Na mesma Espazo-Canle...
No mesmo... Espazo-Tempo!
Tradución: MeigaSubs www.osarquivosdameiga.com