Tip:
Highlight text to annotate it
X
Querido Universo,
Son un grande fan teu. Es moi fresco e real, e adoro como consegues ser fascinante
día após día! Estou particularmente impresionado pola túa devoción ás leis da natureza e
como te apegas a elas, sen importar a opinión dos científicos ou do público. Claro,
o noso obxectivo na ciencia é descubrir como funcionas a través de coidadosas observacións. Mais realmente non
importa se eu creo nunha teoría ou non - o que importa é se funcionas
dese xeito. Varias ideas populares (como "a Terra é plana") resultaron ser falsas, e varias
ideas incómodas (como a mecánica cuántica, a evolución e as placas tectónicas) resultaron
ser certas. Mais non fai falta que cho conte, ti xa o sabes - de feito, ti ditas as normas.
É unha ditadura, Universo: ti decides como funcionas, e eu non teño voto!
Queixaríame, só que eu SI decido onde meter o nariz e que preguntas facer
e é iso o que fai a ciencia (e a vida) divertidas. E para máis, es fermoso.
Se un día recibes esta mensaxe, por favor, faimo saber codificando a túa resposta nos díxitos de pi.
E grazas por seres tan incríbel.
Atentamente,
Unha colección de átomos coñecida como Henry.