Tip:
Highlight text to annotate it
X
Open Source xa non é una palabrota. Antes era una palabrota, unha que asustaba.
Por exemplo, en aplicativos de goberno electrónico e administarcións públicas, Open Source era
algo para usar en casa, como un hobby. Ninguén se atrevería a usar unha solución
Open Source nunha organización pública. «Quen nos ofrecerá asistencia técnica, e
qué pasa se somos denunciados por infrinxir a propiedade intelectual de alguén se usamos isto?»
Estes eran os tipos de problemas que desalentaban aos dirixentes ao seleccionar software polo seu mérito.
Aínda non temos un campo de xogo legal completo, pero por sorte as actitudes están cambiando.
Un exemplo é o proxecto da Comisión Europea OSOR. Este proxecto conciencia e
estimula a reutilización de solucións Open Source de éxito, entre as administracións públicas europeas.
Outro exemplo é EUPL, a licenza Open Source da Unión Europea, que baixo un marco de traballo legal da UE,
permite licenciar facilmente software Open Source. Hoxe moitas grandes organizacións de toda Europa,
como o Concello de Munich, usan solucións como Linux. E o goberno de Reino Unido estivo
apoiando solucións Open Source desde 2009, con moitos departamentos de goberno usándoo
agora como compoñente. E polo que escoito, eses equipos están encantados
cos resultados. A razón non é só unha alta relación calidade prezo, algo que é crítico na situación
financeira actual, senón tamén máis elección. Hai menos dependencia de certos vendedores
e menos custo de migración. As cousas están cambiando, tamén no sector privado.
Agora grandes compañías declaran, orguiosas, que non só están usando software Open Source,
senón tamén contribuíndo a él. E isto significa que moitos proxectos Open Source importantes están de
feito apoiados por empresas que están invirtindo nel. Estas empresas obteñen beneficios importantes. E isto vai a
continuar como un apoio importante ao movemento Open Source.
Segundo datos de fornecedores Open Source, como Red Hat, os tres países da UE con máis
actividade Open Source son Francia, España e Alemaña. E con eses países tan grandes en
cabeza, o momento do Open Source vai seguir crecendo.
É máis, o Open Source está aparecendo en todas partes: en produtos de consumo, en bases de datos, en software
de negocio, en xogos e como compoñente de servizos ofrecidos por Internet.
E grandes iniciativas como NOiV, «de Nederland Open in Verbinding» [Holanda en Conexión
Abertamente], do meu propio país, Holanda, están axudando a facelo maioritario
tamén en administración pública. A Comisión Europea fixo moito para
alentar esta tendencia. Un exemplo é o Marco Europeo de Interoperabilidade, que pretende a
interoperabilidade dentro de e entre as administracións públicas. E agora a axenda dixital para Europa, está
aumentando a súa aposta. Pretendemos un enfoque máis estratéxico para a interoperabilidade
e os estándares, e enfatizar a importante ligazón coa responsabilidade pública.
Isto pode cambiar realmente a forma no que o Open Source é visto nas administracións públicas e ofrecer
moito potencial para pequenos e medianos fornecedores.
Tedes un rol importante en dar forma ao futuro dixital de Europa. Os gobernos non poden tan só
anunciar e entregar o futuro dixital. Debe vir dunha responsabilidade orgánica e compartida.
E quero construír un amplo movemento para a acción dixital. Na Unión Europea podemos unir á xente,
axudarlles a superar obstáculos, e ocasionalmente dar financiamento para axudar en investigación e desenvolvemento.
Pero a diferenza real está feita pola xente e as comunidades, como o movemento Open Source.