Tip:
Highlight text to annotate it
X
Todos coñecemos a gravidade como "a razón pola que un obxecto cae",
mais a gravidade é moito, moito máis que iso.
A gravidade é unha forza atractiva de longo alcance entre todos os obxectos con masa:
é o que nos salva de caer da Terra, é o que mantén a Terra en órbita ao redor
do sol, e é o provocou a formación do propio sol hai 4.500 millóns de anos!
É abraiante pensar que todos os obxectos con masa atraen todos os outros no universo,
o que significa que o teu can, a Terra, e un buraco *** na galaxia Andrómeda,
a 2,5 millóns de anos luz están atraídos gravitacionalmente por ti,
e ti por eles.
No século 17, Isaac Newton descubriu que a intensidade da forza da gravidade
diminúe proporcionalmente ao cadrado da distancia entre dous obxectos – polo que estando dúas veces máis lonxe
a gravidade só ten un cuarto da intensidade! Tamén descubriu que a intensidade da gravidade
é proporcional á masa dos obxectos en cuestión: canta máis masa ten un obxecto
maior é a forza da gravidade. Este é o motivo polo que sentimos que a Terra puxa de nós,
mais non nos decatamos da atracción da lúa – é menor, e está moito máis lonxe! (a gravidade da lúa
é forte abondo para causar as marés, de todos os xeitos!)
E cando dixen antes que a gravidade é unha atracción entre obxectos con masa, mentín.
Quixen dicir obxectos con enerxía. Porque alén de obxectos con masa, a gravidade tamén atrae
a luz e outros partículas sen masa (mais con enerxía), de forma que un fotón de luz pode ser levemente desviado
ao pasar polo sol, ou atrapado completamente por un buraco ***.
Entendes agora a Gravidade da situación?