Tip:
Highlight text to annotate it
X
Hai distintos tipos de dificultades.
Pode que para os médicos que
temos exercicio clínico, isto é, que tratamos cos pacientes
a nosa formación e a nosa dedicación é estar sempre do lado do paciente
Axudalo e intentar resolve-lo seu problema de saúde,
atenualo, recuperalo no caso de que perdera capacidades
É dicir, sempre a favor
de conseguir o máximo beneficio para o paciente
Aquí é onde temos que cambiar un pouco a nosa óptica,e ás veces costa.
Nós aquí estamos como evaluadores neutrais.
Non estamos a favor
nin en contra
da persoa que pode ser obxecto do proceso xudicial,
senón que nós temos que adoptar unha posición neutral.
É importante que o perito sepa isto e que adopte esta aptitude,
que non é doado,
xa que ás veces téndese
a axudar
e aquí non se trata de ser o máis neutral posible. E segundo, isto debe sabelo
tamén
a persoa peritada.
A persoa á que se entrevista debe saber que nosa posición
na pericia non é a de
médico a favor de el.
Tampouco en contra.
O médico é
un elemento auxiliar para a correcta toma de decisións
do tribunal
ou do xuíz que determine a sentencia.
Polo tanto, esta posición de neutralidade é difícil
A outra dificultade habitual
é que
vemos á persoa
bastante tempo
ou algún tempo despois de que acontecesen os feitos
Polo tanto non o vemos
próximo ó momento dos feitos
E pasan
nese intervalo, normalmente,
moitas cousas. Tómanse decisións xudiciais,
a persoa puido ser, ou non,
obxecto de medidas, ó mellor
dunha prisión provisional,
ou doutro tipo de medidas.
Puido elaborar doutra forma o acontecido,
é dicir,
a distancia entre o momento que acontece o o momento no que se perita
canto máis longas, máis difícil é
acercarno ó que se nos pide na pericia, que é saber
que pasaba con esa persoa, e en que medida puido influir nel, no momento
no que sucederon os feitos, non no momento
no que nós o peritamos. Esta é unha dificultade técnica moi importante
e hai que tela
en conta.
Unha dificultade
tamén importante é a enorme cantidade ás veces de documentación
xeral que se xera dentro dun proceso,
e analizala co debido cuidado e a organizala a efectos
dunha pericia técnica
ás veces é unha complicación
importante.
Polo tanto,
eu destacaría esas dúas cousas. Primeiro a posición de neutralidade,
de sentirse como alguén que axuda
para a mellor toma de decisións posible.
Segundo, a distancia entre os feitos
e a pericia.