Tip:
Highlight text to annotate it
X
Translator: Eulalia Baroja Reviewer: Xosé María Moreno
Que está a suceder
na mente desde bebé?
Se preguntásemos isto hai 30 anos,
a maioría da xente, psicólogos incluidos,
diría que este bebé é irracional,
ilóxigo, egocéntrico...
que non tería en conta a perspectiva doutra persoa
ou non entendería un proceso de causa-efecto.
Nos últimos 20 anos,
a ciencia do desenvolvemento anulou completamente esta teoría.
En certo modo,
cremos que o pensamento deste bebé
é coma o pensamento dos científicos máis destacados.
Dareilles un exemplo disto.
Unha cousa que podería estar a pensar este bebé,
que podería estar a pasar pola súa mente,
é tratar de descifrar
o que está a ocorrer na mente doutro bebé.
Á fin e ó cabo, unha das cousas máis difíciles para todos nós
é tratar de descifrar o que outras persoas pensan e senten.
E quizais o máis difícil
sexa entender que o que outros pensan e senten
non é o mesmo que o que nós pensamos e sentimos.
Calquera que estea ó tanto da política pode dicir
o difícil que lles resulta isto a algunhas persoas.
Nós queriamos saber
se os bebés e os nenos pequenos
podían entender esta idea tan complexa sobre outras persoas.
A cuestión é: como podemos preguntarlles?
Os bebés non falan,
e se lle pedimos a un neno de 3 anos
que nos conte o que pensa,
só conseguiremos un monólogo de pensamentos sobre
ponis, cumpreanos e cousas polo estilo.
Como podemos entón preguntarlles?
Resulta que o secreto foi o brócoli.
Betty Rapacholi, unha das miñas estudantes, e mais eu,
démoslles ós bebés dous pratos con comida:
un con brócoli cru
e outro con deliciosas galletiñas saladas.
A todos os bebés, incluso en Berkeley,
lles gustan as galletiñas e non lles gusta o brócoli.
(Risos)
Despois, o que facía Betty
era probar comida dos dous pratos.
E facía que lle gustaba ou non o que probaba.
A metade das veces,
facía que lle gustaban as galletiñas e non o brócoli...
como calquera bebé ou persoa normal.
Pero a outra metade,
collía un pouco de brócoli
e dicía "Mmmm, brócoli.
Probei o brócoli. Mmmm."
E logo collía unhas galletiñas,
e dicía "Aj, puaj, galletiñas.
Probei as galletiñas. Aj, puaj."
É dicir, facía coma se lle gustara
o contrario do que lles gustaba ós bebés.
Fixemos isto con bebés de 15 e 18 meses.
Logo Betty extendía a man e dicía,
"Dásme un pouquiño?"
A cuestión era: daríanlle os bebés
o que lles gustaba a eles ou a ela?
O sorprendente foi que os bebés de 18 meses,
que acaban de empezar a andar e falar,
dábanlle as galletiñas se lle gustaran as galletiñas
e o brócoli se lle gustara o brócoli.
Por outro lado,
os bebés de 15 meses quedábanse fitando para ela
se parecía que lle gustara o brócoli,
coma se non puidesen entendelo.
E despois de mirala durante un rato longo,
dábanlle galletiñas,
o que pensaban que gustaría a todo o mundo.
Polo tanto, hai dous datos reveladores nisto.
Por un lado está que os bebés de 18 meses
xa teñen descuberto
este dato importante da natureza humana:
que non todos queremos o mesmo.
É mais, entenden que deben actuar para axudar
a outras persoas a conseguir o que queiran.
E máis interesante sen embargo,
é que os bebés de 15 meses non fan isto;
o que suxire que os nenos de 18 meses aprenderon
este dato profundo do ser humán
nos 3 meses que os separan dos bebés de 15 meses.
Polo tanto, os bebés saben máis e aprenden máis
do que pensabamos ata agora.
E este é só un dos centos de estudos que se fixeron nos últimos 20 anos
demostrando este feito.
O que se poden preguntar agora é:
Por que os nenos aprenden tanto?
E como é posible que aprendan tanto
en tan pouco tempo?
É dicir, a primeira vista, os bebés
parecen bastante inútiles.
E en moitas ocasións, son peor que inútiles,
porque temos que empregar moito tempo e enerxía
simplemente en mantelos vivos.
Se recurrimos á evolución
para buscar resposta a este misterio
de por que perdemos tanto tempo
coidando a bebés inútiles,
resulta que si hai unha resposta
Se observamos varias especies distintas,
non só outros primates coma nós,
senón tamén outros mamífeors, paxaros,
incluso marsupiais
coma os canguros ou os vombátidos,
resulta que hai relación
entre a duración da infancia,
e o tamaño relativo do cerebro
e a intelixencia e flexibilidade da especie.
Un exemplo disto sacámolo destes paxaros que podedes ver aquí.
Por unha banda
temos o corvo de Nova Caledonia.
Os corvos e outros córvidos, grallas, pegas, etcétera,
son paxaros moi intelixentes.
En certos sentidos son tan intelixentes coma os chimpancés.
E este é un paxaro moi estudado
que ten aprendido a usar ferramentas para conseguir comida.
Por outra banda,
temos á nosa coñecida galiña doméstica.
As galiñas, así coma os patos, pavos e gansos,
son parvos coma pedras.
Son moi moi bos picando gran,
pero non son moi bos facendo calquera outra cousa.
Resulta que os bebés
dos corvos de Nova Caledonia, os pitiños,
dependen de que as súas nais
lles poñan os vermes na boca
ata os dous anos de vida,
o que supón bastante tempo na curta vida dun paxaro.
Sen embargo, as galiñas son adultas
en apenas un par de meses.
Por tanto, a infancia é a razón
pola que os corvos rematan na portada das revistas científicas
mentras que as galiñas rematan no pote da sopa.
Hai algo nas infancias longas
que parece estar relacionado
co coñecemento e coa aprendizaxe.
Que explicación poderiamos ter para isto?
Algúns animais, coma as galiñas,
parecen creadas
para facer unha cousa moi ben.
Así que as galiñas son moi boas
picando gran nun entorno concreto.
Outras criaturas, coma os corvos,
non son especialmente boas facendo nada particular,
pero son moi boas
aprendendo as normas de distintos entornos.
E por suposto, nós, os seres humáns
estamos moi lonxe nesa distribución.
Temos cerebros máis grandes con relación ó noso corpo,
moito máis que calquera outro animal.
Somo máis intelixentes, máis flexibles,
podemos aprender mais,
podemos sobrevivir en moitos máis entornos:
temos emigrado por todo o planeta e incluso cara o espacio.
E os nosos bebés e nenos dependen de nós
por moito máis tempo que os bebés doutras especies.
O meu fillo ten 23.
(Risos)
Polo menos ata os 23,
seguimos a poñerlles eses vermiños
nas súas bocas abertas
Moi ben, por que observamos esta correlación?
Unha idea é que esa estratexia, a estratexia da aprendizaxe,
é unha forma moi poderosa e forte de adentrarse neste mundo.
Pero ten unha gran desvantaxe:
resulta que
ata que se aprende todo,
se está indefenso.
Non sería bo que nos perseguise un mastodonte
e estar a pensar:
"Empregarei un tiracroios ou unha lanza? Cal será mellor?"
Sería mellor saber todo iso
antes de que aparezan os mastodontes.
E a forma en que a evolución solucionou este problema
foi, parece ser, cunha división do traballo.
Por iso temos este periodo de tempo no que estamos totalmente protexidos.
Non temos que facer nada. Simplemente aprender.
E logo, de adultos,
podemos coller iso que aprendemos de bebés e nenos
e poñelo en práctica para saírmos polo mundo adiante.
Unha forma de pensar nisto
é que os bebés e os nenos pequenos
son coma o departamento de Investigación e Desenvolvemento da especie humana.
Son a xente protexida que investiga,
os que só teñen que saír, aprender e ter boas ideas.
E nós somos a produción e comercialización.
Temos que coller todas esas ideas
que aprendemos de nenos
e poñelas en práctica.
Outra forma de velo é,
en lugar de pensar nos bebés e os nenos
coma adultos incompletos,
pensar neles coma seres
nun estado de desenvolvemento distinto da mesma especie;
coma os casulos e as bolboretas.
Pero os bebés serían as bolboretas
que borbolean polo xardín explorando,
e nós seriamos os casulos
encerrados no noso estreito camiño de adultos.
Se isto é certo, se os bebés están deseñados para aprender,
e esta historia da evolución nos mostra que así é,
que os nenos están para aprender,
podemos esperar
que sexan uns mecanismos de aprendizaxe bastante poderosos.
E de feito, o cerebro dun bebé
parece ser o ordenador de aprendizaxe máis poderoso
do planeta.
Aínda que os verdadeiros ordenadores están a mellorar moito.
Está a haber unha revolución
na nosa forma de entender as máquinas de aprendizaxe.
E todo a causa das ideas deste home,
o reverendo Thomas Bayes,
un estatístico e matemático do século XVIII.
Básicamente, Bayes proporcionou
un procedemento matemático que empregaba
a teoría da probabilidade
para caracterizar e describir
a forma na que os científicos descubrían cousas do mundo.
O que os científicos fan
é plantexar unha hipótese, algo co que poder comezar.
Logo evalúan esa hipótese con probas.
As probas fanlles cambiar a hipótese,
que volven a evaluar con novas probas,
e así sucesivamente.
O que Bayes mostrou foi un procedemenento matemático que podía facer iso.
E as matemáticas son a base
dos mellores programas de aprendizaxe que temos hoxe en día.
Hai dez anos,
suxerín que os bebés debían estar a facer o mesmo.
Se queremos saber o que está a pasar
baixo estes preciosos olliños marróns,
penso que é algo moi parecido
ó atopado nas notas do reverendo Bayes.
Penso que os bebés están a facer cálculos moi complicados
con probabilidades condicionadas que revisan
e así descobren como funciona o mundo.
Ben, isto é aínda máis dificil de demostrar.
Se preguntamos a un adulto sobre estatística,
pódese sentir bastante estúpido.
Como é posible que os nenos fagan estatísticas?
Para probar isto, empregamos unha máquina que
demos en chamar o Detector Blicket.
É unha caixa que se acende e soa
cando se poñen encima dela uns obxectos determinados.
Empregando esta máquina tan simple,
no meu laboratorio, e tamén noutros, se realizaron
ducias de estudos sobre o bos
que son os nenos aprendendo sobre o mundo.
Mostrarei simplemente un
que fixemos con Tumar Kushner, un dos meus estudantes.
Se vos mostrase este detector
probablemente empezariades por pensar
que a forma de activalo
é colocar un bloque sobre o detector.
Pero o caso é que o detector
funciona dunha forma un tanto estraña.
Se se abanea un bloque enriba do detector,
algo no que non pensariamos nun principio,
o detector se activa dúas de cada tres veces.
Namentres que se colocamos o bloque enriba, o que sería o lóxico,
só se activa dúas de cada seis veces.
Polo tanto, a hipótese menos probable
ten probas máis evidentes.
Parece que a estratexia
de abanear o obxecto é mais efectiva que a outra.
Así que explicamos estes datos ós nenos de catro anos
e pedémoslles que o intentasen.
E con seguridade, os nenos de catro anos empregaron os datos
e abanearon o obxecto enriba do detector.
Hai dous datos interesantes neste feito.
A primeira, recordade que son nenos de catro anos,
que están aprendendo a contar;
pero inconscientemente
xa están a facer cálculos complexos
que lles dan unha medida de probabilidades condicionadas.
O segundo dato interesante
é que están a usar as probas
para chegar a unha idea, a unha hipótese sobre o mundo,
que parece algo pouco probable ó principio.
En estudos que realizamos no laboratorio, outros similares,
demostramos que estes nenos de catro anos son mellores
descubrindo hipóteses pouco probables
ca os adultos, dada a mesma tarefa.
Nestas circunstancias,
os nenos fan estatísticas para desvelar cousas sobre o mundo.
Pero os científicos experimentan, despois de todo,
e queriamos ver se os nenos experimentaban tamén.
É o que normalmente chamamos "meterse en todo"
ou "xogar".
Ten habido moitos estudos interesantes ultimamente
que mostraron que estes xogos
son coma unha especie de programa de investigación experimental.
Mostramos un do laboratorio de Cristine Legare.
Cristine empregou de novo Detectores Blicket.
Mostrou aos nenos que
os bloques amarelos facíano funcionar e os vermellos non,
ademais de mostrarlles unha anomalía.
O que veremos agora é
a este rapaz formulando 5 hipóteses
en 2 minutos de tempo.
Neno: E así?
Neno: Igual que no outro lado.
Alison: Ben, a primeira hipótese rexéitase.
Neno: Nada (Risos)
Neno: Este acéndese, pero este non.
Alison: Empeza a describir a experimentación.
Neno: Por que este si que se encende?
(Risos)
Neno: Non o entendo.
Alison: Os científicos han recoñecer esa cara de desesperación.
(Risos)
Neno: Oh, é porque este ten que estar así,
e este ten que estar así.
Alison: Lista, hipótese 2.
Neno: Así ten que ser.
Neno: Oh... non pode ser.
(Risos)
Alison: Agora vén a seguinte idea.
Pediulle á investigadora que
tentase poñelo enriba do outro.
Tampouco funcionou.
Neno: Oh, é porque a luz só vai ata aquí,
non ata aquí.
Baixo esta caixa
hai electricidade,
pero esta non ten.
Alison: Ben, esa sería a cuarta hipótese.
Neno: Agora si se acende!
Se pos catro bloques.
Se pos catro bloques neste, acéndese
e dous para que se encenda o outro.
Alison: Ben, esa é a quinta hipótese.
Este neno é...
é un neno moi riquiño e elocuente,
pero Cristine descubriu que é un neno moi típico.
Se observamos como xogan os nenos, se lles pedimos que expliquen algo,
o que fan é experimentar.
Moi típico dos nenos de 4 anos.
Ben, e que se sente sendo este tipo de criatura?
Que se sente sendo unha destas bolboretas
que poden probar 5 hipóteses en 2 minutos?
Se volvemos ás teoría de psicólogos e filósofos,
moitas din que
os bebés e os nenos apenas son conscientes,
ou incluso que non o son en absoluto.
Pero eu penso que é o contrario.
Penso que os bebés e os nenos son máis conscientes ca os adultos.
Isto é o que sabemos sobre como funciona a conciencia adulta.
A conciencia e atención dun adulto
parécese a un foco.
O que ocorre nos adultos
é que cando decidimos que algo é importante ou relevante,
prestámoslle atención.
A conciencia niso no que nos fixamos
vólvese relucente e intensa,
mentras que o resto case que se apaga.
Tamén sabemos como ocorre isto no cerebro.
Cando prestamos atención a algo,
a parte frontal do cerebro, a parte que executa as accións,
manda un sinal
que fai que unha pequena parte do cerebro se flexibilice,
se volva máis plástica, mellor para aprender;
e apaga a actividade
no resto do cerebro.
Temos así unha atención moi centrada, orientada ó propósito.
Se observamos os bebés e nenos,
vemos algo moi distinto.
Penso que os bebés e os nenos
parecen ter unha conciencia máis parecida
a unha lanterna ca a un foco.
Ós bebés e ós nenos cústalles moito
limitar a atención a unha soa cousa.
Pero dáselles moi ben ter en conta moita información
de moitas fontes á vez.
E se observamos os seus cerebros,
o que vemos é que están asolagados de neurotransmisores
que inducen á aprendizaxe e á plasticidade,
e que a inhibición aínda non se leva a cabo.
Por iso cando dicimos que os bebés e os nenos
teñen problemas para prestar atención,
o que realmente significa é que lles custa non prestar atención.
Cústalles desfacerse
das cousas interesantes que lles poderían dicir algo
por só mirar ó que é importante.
Ese é o tipo de atención, o tipo de conciencia
que debemos esperar
desas bolboretas que están deseñadas para aprender.
Se queremos pensar nunha forma
de sentir ese tipo de conciencia infantil coma adultos,
penso que a mellor forma é pensar sobre casos
nos que estamos ante unha situación nova na que non estivemos nunca;
cada vez que nos enamoramos de alguén,
ou cando vamos a unha cidade por primeira vez.
Neses casos a conciencia non se contrae,
senón que se expande,
por iso parece que en 3 días en Paris
hai máis conciencia e experiencias
que en todos os meses
de volta na casa, andando, falando, indo a clases coma zombis.
Por certo, ese café,
ese magnífico café que tomamos abaixo,
en realidade imita o efecto
dos neurotransmisores dos bebés.
Así que, cómo é ser un bebé?
É coma estar namorado,
en París, por primeira vez,
despois de tomarse 3 expresos dobres.
(Risos)
Unha sensación marabillosa,
pero que adoita espertarnos chorando ás 3 da mañá.
(Risos)
Pero está ben ser adulto.
Non quero dicir demasiado sobre o magníficos que son os bebés.
Está ben ser adulto.
Podemos facer cousas coma atarnos os zapatos ou cruzar a rúa sós.
E ten sentido que poñamos moito esforzo
en facer que os bebés pensen coma os adultos.
Pero se o que queremos é ser coma esas bolboretas,
ter a mente aberta, estar abertos á aprendizaxe,
imaxinación, creatividade, innovación...
quizais, polo menos ás veces,
debamos facer que os adultos
pensen un pouco coma os nenos.
(Aplausos)