Tip:
Highlight text to annotate it
X
Subtitles downloaded from www.OpenSubtitles.org
--NON HAI MÁIS AUTORIDADE QUE TI MESMA!-- # Din que somos lixo, #
# Pero o noso nome é CRASS non CLASH #
# elas poden mostrar as súas credenciais de punk #
# porque son elas as que levan o diñeiro #
# Non van mudar nada coas súas palabras elegantes, #
# con tódolos seus parches de RAR e as súas marchas de protesta,#
# Miles de homes brancos parados nun parque, #
# Opoñéndose ao racismo como unha vela na escuridade #
# As negras tiveron os seus problemas e tratáronnos á súa maneira, #
# Así que non te enganes con que estás axudando ca túa merda branca e liberal#
# se che importa mirar de preto como son en realidade as cousas, #
# verás que todas somos negras para os que gobernan esta terra #
Un típico concerto de CRASS sería un grande salón,
con bandeiras por todos lados,
moi escuro, con moita xente dando voltas, punks borrachas tiradas na parte de atrás,
unhas cantas skinheads tratando de causar problemas.
Unha atmosfera de tensión no aire.
Sempre tentando buscar conflitos,
probabelmente un rumor de que hai 500 skinheads da Fronte Nacional..
vindo a golpearnos esperando que as portas se abran para entrar,
e logo subir ao escenario e ser chuspido,
e a veces que che boten cousas todo isto é emoción.
# Non é para min o chan da fábrica #
# varrendo de 9 a 4 #
# Non é para min a súa absurda carreira #
# Non lle vexo o sentido en ningún caso #
# A xente pregúntame por que digo o que fago #
# Eu respóndolles, "Ben, non o farías ti?" #
# se estivesen tan fodidas coma min #
# unha desaprobación da sociedade #
# Din que cavei un buraco e saltei nel #
# Ben, non me importa nada unha merda#
# e non cumpro as súas regras estúpidas #
# son só uns parvos hipócritas #
Creo que o que CRASS tentou facer, mais que debía ter feito doutra maneira,
era dicir que é posíbel,
sabes, é posíbel existir fóra da estrutura.
Gee máis eu traballamos duro para entender o que significa isto
sen ter que caer nas vías convencionais para enfrontalo,
mantivemos unha política de open doors (portas abertas), intentamos ampliar e expandir isto...
iso e incorporar a calquera do mesmo xeito que CRASS incorporaba a calquera.
Contra unha sociedade que pecha cada vez máis as súas portas,
creo que a partir dos 70s, que foi a nosa era, en certo modo unha especie de época liberacionista,
a loita vólvese máis, máis e máis dura.
# Á merda cós políticos #
# Hai algo que quero dicir #
# sobre o estado da nación #
# o xeito en que nos tratan hoxe #
# Na escola danche merda #
# lánzante a un pozo #
# e tratas, tratas, tratas de saír #
# pero non podes porque #
# fodéronte en serio #
# logo es o mellor exemplo #
# de como non hai que ser #
# Isto é só unha mostra #
# do que nos fixeron #
# Débennos unha vida? #
# claro que si, claro que si #
# Débennos unha vida? #
# claro que si, claro que si #
# Débennos unha vida? #
# CLARO QUE SI CARALLO! #
Queres que o faga?
Non, estou contenta de facelo.
veñen? Ben.
veñen con algún tipo de interese...
ou vanme preguntar sobre a casa e como funciona,
ou que viron ou non viron, nada?
estou moi interesado no diario de CRASS e como evolucionou, quero saber del..
Cando abrín as portas aquí, que foi hai 40 anos, ou algo así
era máis que nada coa idea de ser creativo.
Fomos sempre orgánicos porque é sensato e barato
pero a nosa principal razón de estar aquí
e da maior parte dos que residen aquí foi ser creativos.
Artistas, ou escritores, ou cineastas, ou músicos,
logo, no noso tempo libre arranxabamos o xardín e esas cousas,
e fixemos varios proxectos e CRASS foi o único que foi recoñecido.
Tratábase dunha banda de punk,
moi, moi política. A nosa principal declaración "NON HAI MÁIS AUTORIDADE QUE TI MESMA"
Noutras palabras a túa vida é a túa responsabilidade.
Por outra parte opoñiámonos a...
o que daquela non era coñecido como a globalización definímolo como o capitalismo salvaxe.
Por un lado, tiñamos unha axenda moi política
e por outro promoviamos o ''faino ti mesma'' (DIY),
basicamente: buscarse a vida.
Por un lado, opoñerse ao mundo material
en tódalas frontes
e ao tempo ofrecendo unha forma práctica de facelo.
Por un lado, dabamos folletos de como facer bombas de petróleo,
e ao mesmo tempo como facer o teu propio pan.
# Pregúntanme por que son odioso? por que son malo? #
# Dinme que teño as cousas que eles nunca tiveron #
# Dinme que vaia á Igrexa e vexa a luz #
# Porque o bo Señor sempre ten a razón #
# e que? e que? #
# E que se Xesús morreu na cruz? #
# e que, có desgraciado?, impórtame unha merda #
# E que se o Mestre camiñou sobre a auga? #
# Eu non o vexo tratando de deter as masacres #
# Din que eu non tiña que vivir do lixo #
# se me portase ben e confesase os meus pecados #
# Din que non debería cometer crimes #
# porque Xesucristo está mirando todo o tempo #
# E que? E que? #
# E que, se el está sempre por enriba de min? #
# Dareime conta da verdade á medida que me fago vello #
# chego a ver a grande estafa que é #
# porque é a miña vida, a miña e non a súa #
# Ben, din entón que van mandarme lonxe #
# que me van facer pagar #
[Steve Ignorant, voz] Tiña escoitado falar do punk rock, mais aínda non o coñecía ben.
E saín do traballo un día e reparei..
nun cartel dunha banda chamada The Clash..
que estaba tocando no Colson Hall.
E fun ver de que se trataba
e fiquei atordado polo que había alí.
pola primeira vez na miña vida vin un montón de tipos de clase obreira xuntos,
mozos que se vían realmente aterradores,
dicindo as cousas que sempre quixen dicir..
pero previamente metinme na onda de David Bowie e cousas polo estilo
e gustoume pero nunca foi tan ... sempre era esa cousa de súper estrela..
e agora no escenario estaban eses mozos da clase obreira..
vindo do mesmo sitio ca min ...
dicindo exactamente cousas que quixen dicir, e encantoume
e ao final Joe Strummer dixo:
"se cres que o podes facer mellor, crea a túa propia maldita banda"
Eu estaba como ''gústame'', e ''si, quero facelo''
Entón fun a visitar a Penny Rimbaud na Dial House,
xa que estaba vivindo alí pola súa conta...
e díxome "Que estás a facer?"
e dixen "quero crear unha banda"
e dixo "podo tocar a batería se queres"
entón dixen " Que pasa cos demais membros?" e díxome "non, só vamos ter batería e voz"
e así foi como empezou.
Eu estaba escribindo moito..
e un día Steve apareceu.
Escoitaba a Patti Smith e ese tipo de cousas.
Tiña un equipo de batería vello..
e empezamos a probar
e mentres íamos probando, máis xente aparecía..
e tamén querían probar..
e en realidade así foi.
Claro que non tomabamos isto en serio
e sen dúbida tampouco esperabamos que alguén o fixera.
Non tiñamos ambición de...
ben, eu non tiña ambicións, Steve tíñaas pero eu sinceramente
non faría nada consensual, estruturado
Que querías dicir exactamente?
Á merda, bastardos,
ódiovos
quero máis diñeiro, por que teño que traballar?
deixade de dicirme que facer
todos os polis son unha merda
xa sabes, que quere dicir un mozo, cando está anoxado?
mais entón...
falando con Penny Rimbaud era un pouco máis... ben,
posibelmente deba pensar máis no que queres ou o que non che gusta e
daquela ser un pouco máis político ao respecto
ou máis persoal e un pouco máis poético.
e entón, débennos unha vida? abofé que si!
e aínda quero dicir esas cousas de tódolos xeitos.
Así que non cambiaches realmente?
Non! pero o problema agora é que non sei como dicilo
Aquí estou eu con 48 anos de idade e anda, vai á merda!
ódiote!
pero non é exactamente o mesmo coa cabeza rapada
# Son un produto #
# Son un símbolo #
# de infinitos #
# desesperanzados #
# inútiles #
# malditos #
# xogos #
# son un lustroso paquete nun andel de supermercado. #
# os meus contidos non son axeitados para o consumo humano. #
# eu podería danar a súa perfecta saúde #
# Os meus ingredientes paralizarían as súas funcións corporais. #
# Son a merda que todo o mundo pisa. #
# son o orfo que ninguén quere. #
# son a alfombra sobre a que camiñan todas. #
# son o leproso que ninguén quere tocar #
# moito #
# son un exemplo. #
# son un chibo expiatorio #
# de inútiles #
# sen futuro #
# infinitas #
# ideas sen sentido #
# son un número no papel que arquivaches. #
# son un portafolios que queda no caixón. #
# son o parvo que tratas de asustar cando dis #
# "sabemos todo de ti, podes estar seguro" #
# Ben, non quero o teu perverso sistema, #
# non quero estar nos teus arquivos. #
# trato de resistir as súas tentacións #
# porque sei o que se esconde baixo o teu sorriso #
Hai unha canción de David Bowie que se chama Ziggy Stardust
e hai unha ringleira que di
Ziggy tocaba a guitarra, dicíndonos que era voodoo
Ese mozo era crass
e crass significa groseiramente estúpido
e patético, así que si, é un bo nome.
Nesta época era gracioso ser ignorante e estúpido
Por iso elixín o nome ''ignorante''
porque iso era eu daquela, realmente un ignorante sobre política
Non sabía o que quería ou que quería facer
E Pete dixérame antes, "Es un bastardo ignorante"
Steve ''Ignorante''... tan sinxelo coma iso.
Ben, Steve viña dun ambiente de clase traballadora pobre
e eu era máis de clase alta ou mellor dito, clase media
e en xeral creo que é certo
que a maioría das bandas teñen membros do mesmo ambiente
porque en xeral os mozos andan e saen
con xente do seu contorno, porque se senten máis cómodos.
e iso fíxonos diferentes.
A miña clase media sen experiencia na rúa
e a clase traballadora de Steve que si a tiña
fixeron unha moi, moi interesante combinación, coido.
Si, non é que sexa de dereitas, nin nada diso,
pero Inglaterra é o mellor país do mundo!
Non!
Nunca vin unha diferencia entre bohemios, beatniks, hippies, punks.
Quero dicir, eran todos un e o mesmo.
Creo que é só unha especie de autenticidade
un intento de lograr algunha sorte de estilo de vida auténtica.
Vamos, gáñense o seu diñeiro!
Malditos imbéciles!
que estúpidos!
Malditos idiotas!
meu irmán levoume á Dial House
e nesa tempada non era skinhead
mais era a moda que despois en Inglaterra chamouse suedeheads
e fun aí e non puiden entender que demo pasaba
estes tipos tiñan pedras pendurando no cuarto de estar, como adornos...
Malditas pedras na túa casa?
Terían que estar no xardín!
Usando palabras que nunca escoitara.
O que realmente me gustou de Penny Rimbaud e Gee foi que por primeira vez na miña vida
se me preguntaban algo ou se dicía algo ao respecto
respondíanme e tratábanme como un igual
e é a primeira vez que tiven iso así que seguín indo a visitalos
Así que cando Pen e eu estabamos empezando con Crass
simplemente non puidemos...
daba igual, realmente non importaba
porque eu vivía cos meus pais en Dagenham
e non importa o que dixese... porque estaba metido na poesía
e todas esas cousas e descubrín un tipo chamado,
Lin un libro de Oscar Wilde que se chama "O retrato de Dorian Gray"
e metinme na poesía en serio e empecei a escribir a miña propia poesía
e escribía cancións porque quería ser como David Bowie,
mais a miña nai e o meu pai dicían ''nunca o alcanzarás''
son os típicos pensamentos da clase traballadora,
estás destinado á fábrica...
pero cando coñecín a Rimbaud e Gee
fun por primeira vez escoitado como ser humano,
como un humano, malia que tiña trece anos
e trataba de falar das miñas cousas sobre Whitman ou algo,
conversaba con un tipo
máis grande ca min,
que fora ao colexio
e esas cousas.
E parecíame fantástico
Por primeira vez alguén estaba realmente interesado na miña opinión
e nunca me pasara iso antes,
iso é algo bastante grande...
e logo cando foi Crass...
era o mesmo, seguiamos sendo amigos
sempre o respectei por iso
e el respectoume por iso.
E tiramos abaixo esa división entre clase media/clase baixa
e eramos só dous tipos facendo algo.
# Mami e papi controlábanme ata que entendín #
# que ao final do meu brazo está a miña maldita man #
# Na miña cabeza teño un cerebro que enchen con mentiras #
#Non os necesitaba unha merda con seu amor e os seus compromisos familiares #
# Os nenos non deben falar á menos que se lles fale #
# Son só outro modelo para mostrarlle á viciñanza #
# quen pode producir o bebé perfecto con todo no seu sitio. #
# Mais deus te axude se te mostras sen unha cara de anxo #
# Se non tes a mirada que proba o bo que es #
# terás fallado no teu deber e iso é toda a merda que es #
# Es só un símbolo do status quo que necesitan ter na vida #
# Só a proba que necesitan para ser o perfecto home coa súa dona #
vivimos todas na mesma casa...
Non se podería ter...
ter a Crass sen o que estaba acontecendo na nosa vida persoal...
estaba todo conectado, non se podía separar, así que...
nunca se parou. Non era como que...
iamos a ensaiar, e aí "faciamos" Crass...
o cuarto de ensaio estaba na nosa casa. Era como: "Oh, ok, deberiamos...
.. facer algo ademais de ensaiar. " Nunca se parou.
O teléfono soaba. A xente viña a visitarnos de seguido.
Os punks viñan ao xardín, e nunca se podía escapar diso.
A experiencia era, simplemente non paraba. Era un estilo de vida. Un bo.
Non o mudaría. Non o mudaría.
Nunca tiñamos regras.
Por exemplo, se con 15 persoas, todas vivindo no mesmo lugar...
había que lavar cousas, non era unha regra o mércores Steve lava...
tan só o facías. E todo o xeito de vivir así era...
Consideración por outras persoas ante todo.
- Foise? - Non, segue aí.
- Mick está filmando.
- Trato de facelo. - Rápido...
- É como un maldito pantano con todas estas moscas... - Que tan alto está?
- Xusto enriba. Por enriba da ramaxe. - Como sempre.
- Que raro. É......
Encontrei o lugar en 1967, Pasara un ano dando voltas...
polo sudeste de Inglaterra, buscando algún lugar.
Nestes días, a xente non houbera soñado con mudarse a un lugar así.
Hoxe en día está moi de moda, e é moi valiosos.
- Hora do té...
Vin un filme a finais dos '60 ía sobre hoteis chineses...
tiñan esta tradición de xente que entraba nos hoteis...
e contaban a súa historia, e ao día seguinte íanse...
a outro lugar. Estaba inspirado pola idea de...
asentarme nun lugar onde a xente puidera vir e pagar por unha cea e unha cama tan só...
con contar unha historia. Esa era a miña idea romántica.
E se á xente lle gustaba a miña idea romántica, farían o mesmo...
ou algo similar. Así que para agora... 40 anos despois, 38 anos despois...
Pensei que habería centos de lugares como este por todo Gran Bretaña. De feito,
ninguén, ata onde sei intentou recrear o sistema...
polo que este lugar funciona, porque como sabes, non é unha comuna, é unha...
portas abertas. A maior parte das comunas baséanse nalgunha ideoloxía...
ou relixión ou o que sexa. E eu non estou interesado en compartir ideoloxías...
ou relixións. E a política de portas abertas, que é a que...
vimos aplicando desde entón...
permite á xente vir, permite á xente irse e permite...
aos conflitos desenrolarse e permite ao amor desenrolarse, e...
esas cousas, sen ningunha condición. É un estado moi incondicional.
E creativamente supoño que estaba reflexado dalgunha maneira que, alguén..
dicía " Podo unirme á banda?" e non había preguntas ou...
algo, "Si'' ou "Non", era un automático "claro, que podes...
"Que podes facer?" Non importaba se non puideran facer nada.
como Andy, que non entendía nada de guitarras...
mais... agarrou unha... e...
sacoulle ruído, e iso é dabondo.
Emocionámonos moito co ambiente punk...
a súa primeira onda, parecía realmente emocionante, polo menos...
había unha nova cultura crecendo, e dicía "Ide á merda"...
e o resto, sentiámolo así. Mais daquela, empezou a amolarnos...
porque cría que a idea de "non hai futuro" non era realmente nosa...
eramos acusadas de ser vellas hippies. Ben...
As hippies vellas tiñamos un soño, e seguímolo soñando.
Continuamos apostando a iso.
Trátase de estar xuntas. E iso é difícil en si mesmo.
Supoño que tomamos...
esa área da música e da expresión porque ningunha de nós era música.
particularmente, e o noso ethos era érguete e exprésate.
"Gee Vaucher "semi acoplada""
Non son boa no escenario. Metinme en Crass facendo...
a parte artística e o traballo do filme e tódalas cousas similares ...
A parte artística era máis que nada as portadas, Era participar na parte...
estética, na presentación.
Porque creo que o que realmente é importante é crear outra linguaxe.
Interesábanos moito non só as palabras non só o son, senón tamén a presentación.
Tentar facer algo novo,
encontrar unha nova linguaxe. Parece ter sido moi positivo...
para moita xente de diferentes niveis. Con sorte, non se apoderaron de nós...
polos conservadores ou do que queriamos dicir. Digo, claramente salíu moi anoxado...
"Eve Libertine voz"
- ¡Santo Ceo! - ¡Sae de acó!
- Hai un pouco nesa. Podes apagar o forno primeiro?
- Hei! É Ron!
"Fin de semana da permacultura"
- fartaba moito, as necesidades que sentiamos polas nosas bandeiras ou a nosa familia...
Levábanos aí. Non facía nada, pero ao principio, era como unha maneira de minguar...
o impacto da necesidade dos supermercados, sentín que era unha forma de empezar.
O que faremos esta fin de semana, é unha introdución básica á permacultura...
"Graham Burnett deseñador de permacultura"
É miralo diferente, un tipo de vida sustentábel. É ver xeitos de facer a nosa comida sustentabelmente,
facer unha casa sustentábel, manexo das plantas, manexo da auga...
tódolos tipos de aspectos da vida humana que podemos facer de maneira moito máis sustentábel
do que o facemos actualmente.
Vídeo instrutivo "Levantando a tapa nun inodoro compost"
-Está sostido por algo? Parece un pouco precario, como se puideses caer.
- acostumaraste. Nah, pero hai que metelo nunha caixa. Ten que haber unha estrutura...
Iso é só unha táboa para dar instrucións. - Sabes o que pensei?
Fóra, hai dous escritorios, agora usados como escritorios.
Podemos usar un, porque teñen dúas tapas, e mira...
encaixa. Daquela, para usar a bola, levantas isto...
e o outro pode meter o pasto ou o que sexa. E funciona ben. Está feito con bisagras.
Temos que ter ese espazo, non?
- De feito, podes velo caer. - Solto unha?
Toda a filosofía da ''open house'' (casa aberta)...
estaba pensada como unha casa creativa, significara o que significara para a xente. Así que,
houbo libros, música, películas, todo o que se escribiu aquí...
ou se fixo aquí, pintouse... Ou, cultivouse non tiña por que ser arte fino,
podían ser moitas cousas, algunhas persoas facían arte cunha taza de té, facían...
pan, xa sabes. A extensión, a extensión lóxica é en realidade...
facer algo co corazón, así que
ese aspecto nunca cambiou, en iso Crass non era diferente a...
todas as cousas que pasaban, ou pasaron desde entón.
Nada foi diferente. O espírito é o mesmo.
- Non, había tres... a menos que haxa máis no camiño...
Unha das grandes loitas que levei adiante foi simplemente quedarme neste lugar...
que é meu por dereito. Porque a cultura da mercancía queríao...
porque vale moito diñeiro...
non importa se é o noso cemiterio e o solo creacional de todas...
elas quéreno.
Usamos moitas tácticas, técnicas que desenrolamos con Crass...
nun nivel máis local, moito máis íntimo...
no pobo, e coa xente de acá, xa sabes...
formamos un grupo de acción, que está feito de xente de esquerdas, dereita, centro...
e de todos lados. E que querían por unha ou outra razón,
tratar de protexer algo do campo e..
do que toda esta área representa, e estabamos dispostos a gastar tempo niso..
Primeiro rexeitamos a British Telecom como unha corporación masiva, foi un gran triunfo..
Querían converter isto nun grande e luxoso aloxamento do Estado..
Para os burgueses, con grandes hoteis, e cabalos, e esa merda..
Comprámola, con diñeiro prestado por amigos..
e aínda debemos a metade do que pagamos pola casa..
o cal foi moi barata, obviamente..
e era moi, moi barata porque nós xa estábamos dentro, non..
merecía a pena para moita xente, e sabían que non nos podían botar fora..
porque xa gañáramos o caso na corte.
Sei que o que quero facer, o que espero que poida facer..
é terminar de pagar a casa.
E poñela como fundación,
porque así, quizais en 50 anos..
siga habendo xente coma nós, sentada por aquí falando de cousas fermosas.
"Compra xa, paga cando te vas"
"Compra xa, di ola"
"Podes por unha hipoteca na túa vida"
"Para entrar ao Paraíso do Comprador"
"Un troco pola túa dignidade"
"Unha fermosa T.V. a cor"
"Para mirar e querer mentres os días pasan inadvertidos"
"E soñar con cousas que o diñeiro pode comprar"
"Merda de cromo cepillado, porcalladas de plástico"
"A miña vida e a miña visión, valen máis que iso".
"Un ghetto de vaixela de cristal, temporada de compras"
"Non son unha maldita mercancía".
- Steve, escoitaches que D.Beckham usou unha camiseta de Crass?
- Si, fíxeno. Deseñada por Jean Paul Gautier..
Ben, nesa época non sentín nada..
É tan só ese tipo de cousas. A xente andou vendendo merchandising de Crass..
durante anos, e non me molestou antes, así que por que debería preocuparme agora..
Só hai pouco, escoitei..
a moita xente que viña xunto a min e dicíanme que moitas cousas de Crass son..
vendidas en Internet. E hai un maldito reloxo co símbolo de Crass..
Ou as bandeiras de The Feeding the 5000, claro que hai camisetas..
pequenos portavasos, repasadores, merda coma esa. E todo ese diñeiro está indo a algures..
e non sei a onde merda está indo..
así que só quero deter iso, intentar deter iso.
- Parece moi irónico que..
probablemente un dos máis ricos, non-Landry da alta burguesía..
seguramente é unha das persoas máis ricas do país...
estea usando unha camiseta de Crass.
E daquela esquecínme do tema.
É pensei acerca diso..
facendo unha camiseta con el nela, usando unha camiseta de Crass..
e pensei que sería irónico producila, facer unha camiseta del levando unha camiseta..
como dicindo David apoia a Crass.
E ver canto tardarían os avogados tratar el tema..
- Actualmente estamos sendo estafadas..
e non me pagan por iso.
Ben, que podemos facer, seguir sendo estafados..
pero pagándoche por elo. Agora estamos no ano 2006,
xa non é o 1981, o mundo mudou..
- A que te refires con iso?
- Que, a finais dos 70s, principios dos 80s, era posible vivir de esmolas,
era posible non ter traballo, podías vivir con ese diñeiro.
Agora, non podes. É fodidamente difícil.
Tes que ter diñeiro.
Non "debes ter diñeiro", Semello un maldito capitalista..
como que todo trátase do diñeiro, todo o tempo, e non é iso.
O mundo é distinto agora. Tes que moverte con el.
Estou tan frustrado co pensamento, de que unha maldita gran compañía..
que nin sequera coñece a Crass, pero xa sabes, o produto véndese ben.
Así que, os listillos véndeno. E gañan diñeiro por iso, e nós non..
non estamos quitando nada. Á merda.
Iso ten que parar. Iso é unha porcallada.
-Aquí estamos.
A vella sala de ensaio.
Hai unha vella batería co símbolo de Crass.
Moitas cousas que quedaron.
Houbo moitas cousas desde entón.
Adoitaba estar completamente cuberto con unha alfombra.
Tiñamos unha franxa alfombrada en todo o teito..
A proba de son. Había un maldito ruído aquí dentro como poderás imaxinar...
con cinco de nós tocando..
Oh, aquí tes!
Díxenche que perdemos tódalas bandeiras, non?
En Amsterdam..
Pero quedou unha!
Xusto tiña que ser, a correcta, non?
Ben agora, aquí a tes!
Debería estar facendo a de "Non hai máis forza que ti mesma"..
A que quedou.
Un vello overhead Remo..
- Quen inventou o símbolo de Crass? - Un tipo chamado Dave King,
que estudaba arte, un amigo que vivía aquí..
Era parte da tapa dun libro que estaba escribindo..
porque o libro falaba do Estado, a Igrexa e a familia..
e quería algo que fose..
representativo dese tipo de control fascista..
e iso foi ese símbolo, que creo que é unha peza moi brillante de deseño.
"Estou cansa da estúpida racionalización dos políticos"
"Agoniada coas súas deficiencias"
"Só sinto ira e odio no meu estómago por eles"
"Como pode alguén volverse tan retorcido?"
"Como pode alguén estar tan lonxe dos verdadeiros valores humanos?"
"Só sinto asco polas súas mentes retorcidas"
"Como pode a paz ser alcanzada a través de ameazas de violencia?"
"Que tipo de esperanza hai nesa camisa de forza?"
- Como eran de activos Crass, social e politicamente, como de directos?
- Por suposto, como un servizo de información, eramos moi poderosos,
Era pre-Internet, pre computadoras en verdade..
Así que non tiñamos ese tipo de saída.
Mais a rede que tiñamos era masiva.
A nosa propia participación eran cousas moi suaves, coma campañas de graffitis..
que eran feitas con moito, moito coidado, ao estilo militar,
graffitear a parte central da rede do metro en Londres..
empezamos a facer declaracións, moi ben feitas.
Nunca pintamos unha propiedade, pintabamos en carteis,
E así diciamos que había un afiche na parede, coma un afiche para unha película de guerra.
Daquela, puñámoslle "Loita contra a guerra, non nas guerras. "
encima. Moi ben feito.
E tiñamos esta política de ser moi coidadosos.
Así que non podía haber queixas reais por vandalismo.
Non é que non estea acorde có vandalismo necesariamente..
Pero porque parecía unha maneira na que quizais podiamos atraer..
un interese na xente, que doutra maneira podía ser descartado por vandalismo.
Así que ía desde iso, a cousas como accións directas, por pegamento ou bombas de pintura..
ese tipo de cousas, nunca nos metemos en ningún tipo de incendio.
Os eventos de ''Detén a cidade'' de principios dos 80, supoño..
eramos a manifestación máis extrema, no sentido de que..
eran unha especie de mestura, parte festival, parte descontrol..
A idea era pechar a cidade, e non podo recordar..
ben, hai dous días no ano, en que certas figuras pasan pola cidade..
dunha institución a outra. É cando deciden circular e todo iso.
Como sexa, basicamente, si pos á cidade fora de funcionamento neses días,
estás fodendo moito todo o seu modus operandi.
Coma bancos e axencias de transporte e ese tipo de cousas.
Desde bombas de fume no metro..
Que o detén completamente- ten que parar o metro..
ata bancos cas fiestras destruídas,
rúas bloqueadas..
teléfonos bloqueados..
o lugar volveuse inoperable por un día.
Creo..
que sentou un modelo, certamente "Reclama as rúas"..
saíu inevitablemente do movemento Detén a cidade..
e Detén a Cidade, estendeuse por todo o mundo.
Empezou en Australia, América, Non sei..
Non sei se sucedeu en Europa ou non, Pero seguro que houbo algo en Londres,
Sei que se repetiu en Australia e América e non creo que..
en Seattle sucedera da mesma maneira.
"COMO SE SENTE?"
"como se sente ser a nai de miles de mortos?"
"mozos novos descansan agora"
"tumbas frías na terra fría"
"como se sente ser a nai de miles de mortos?"
"ollos afundidos, perdidos xa"
"medios baleiros, nunha morte insignificante".
"A túa arrogancia destripou estes corpos cheos de vida"
"As túas mentiras convencéronos de que valía a pena o sacrificio"
"as túas mentiras persuadiron á xente a aceptar o dispendio de sangue"
"O teu sucio orgullo sacou a dúbida que debiches ter"
"Sorride na cara da morte porque é tan orgullosa e vaidosa"
"A túa inhumanidade non che deixa sentir a dor..."
"...que ti causaches que ti determinaches..."
"...que ti creaches, que ti ordenaches."
"Foi a túa decisión masacrar eses mozos"
Sacamos unha gravación chamada..
"como se sente ser a nai de miles de mortos?"
E escribindo para un dos xornais locais, había un tipo
que facía a parte da música - ou a parte pop...
- maldito imbécil- e o seu irmán era un político conservador..
en Infield, así que lle dixen ao seu irmán,
"Mira o que fixo esta banda chamada Crass.. "
"Escribiron sobre como se sente ser nai.. "
así que o político anóxase moito, e di ..
que a canción é indignante, e noxenta..
daquela, hai unha circular, un parvo que circula..
no Pazo de Westminster, do Partido Conservador, din que de ningún xeito ...
debe un membro do Partido Conservador ter algo que ver cunha banda..
coñecida polo nome de Crass, así que a oposición,
ao goberno laborista, escoitou isto, nós entón,
empezamos a recibir cartas de apoio de membros do parlamento do Partido Laborista..
e daquela mencionáronnos na Casa dos Comúns..
nunha pregunta.. "Escoitou o Primeiro ministro a última gravación..
Como se sinte ser a nai de miles de mortos?"
- Thatcher necesitaba algo para mellorar a súa imaxe pública..
Estaba fallando miserabelmente,
cos seus deberes,
e necesitaba de individuos para explotar a súa retórica
Era moi nacionalista e continúa séndoo.
Como merda fixo..
Bush para gañar..
credibilidade cando foi a Iraq?
Digo, fíxoo,
a pesar do feito de que.. e, como fixo Blair para quedar no poder
Despois de apoiar a invasión a Iraq?
Mais fano, porque a xente é esencialmente..
nacionalista. Mira un partido de fútbol
Vas ver un esta noite e vas ver o..
nacionalista que é.. non importa se son armas ou fútbol...
cando os homes están fóra, están fóra, ou non?
É difícil para..
un país en estado de guerra..
atreverse a dicir, estou en contra, sabes, porque..
fomos acusadas de ser traidoras tanto nos medios nacionais..
coma entre xente do pobo, e ese tipo de merda.
Puxemos xuntas unhas gravacións entre Thatcher e Reagan,
que foi sacada de discursos seus, e a base da conversa era..
basicamente Reagan cuestionando a Thatcher polo afundimento do Belgrano..
Tiñamos información clasificada das Falklandas (Malvinas), coñeciamos un mariñeiro que..
adoitaba ser skinhead e ía ás Falklands..
e despois contactou con nós, dalgunha maneira cando voltou, e simplemente..
deunos toda esa información sobre o golpe ao Belgrano e..
o afundimento do Sheffield.
O afundimento do Sheffield segue sen saír á luz, foron 4 barcos..
Un era dos buques insignia en que o príncipe Andrew ou Edward..
un dos fillos reais, estaba ao bordo, así que tiñan que asegurarse de que ese non fora..
o buque afundido... e a resposta naval foi ordenar que..
3 dos 4 barcos debían enviar flack, que é papel de aluminio,
o que lles axudou a desviar os mísiles, e o outro non foi informado, o Sheffield,
para garantir, que cando os mísiles chegasen, fosen ao que non estaba..
protexido polo papel de aluminio, e así foi.
Así que o Sheffield foi afundido..
E os homes sabíano.
E case hai un motín, que foi a razón pola cal os barcos tardaron tanto en voltar.
Tiñan que resolver iso.
"R. Por que eliminar o Belgrano? Ti dixeches isto."
"Os arxentinos estábanse a ir nese momento. O Secretario Haig chegara a un acordo."
"T. Arxentina foi a invasora!"
"A forza foi usada. Foi usada agora,"
"castigándoos o máis rápido, posíbel."
"R. Oh, Deus! Non está ben!"
"Fixeches que golpearan o Sheffield".
"Eses mísiles que seguimos nas pantallas".
"Debes telos tamén, e non deixarlles saber. Que esperas gañar?"
"T.O que dixen antes. "Andrew""
Mentres o cruceiro estea en marcha, quero incentivos a todos os niveis.
- Pete levou as gravacións ao continente europeo..
enviounas aos principais xornais no continente europeo..
E non escoitamos nada..
O seguinte que escoitamos foi, unha reportaxe en América,
Creo que nun diario de San Francisco, sobre cintas da KGB. O Pentágono expoñendo gravacións da KGB.
Que recoñecemos como nosas. E entón, virou unha grande historia..
na prensa americana, sobre a KGB, estes son os métodos usados, xa sabes..
o que levará á 3ra Guerra Mundial.
Como sexa, dalgunha maneira este tipo chamounos, este reporteiro,
e di " Saben algo sobre esas cintas?"..
Collín o teléfono e dixen "Non, non sei de que me estás a falar"..
el di "Non, creo que saibas, Quero ir e falar do tema"
Así que dixen "Se fósemos a admitilo, estarías preparado para imprimir..
toda a información que dan as cintas, sobre o Sheffield e sobre o Belgrano?"
e el di "Si, podo facelo", e fixérono..
Así que conseguimos poñer esta información secreta sobre o Belgrano e o Sheffield..
na prensa nacional, a de boa calidade.
Non tivo ningún efecto..
Excepto un gran e súbito interese en nós..
ao punto de que a KGB contactou con nós..
baixo o aspecto dunha revista literaria, invitáronnos as súas oficinas no Oeste de Londres..
o que era completamente falso. E era bastante evidente que era a KGB,
e basicamente, estaban vendo si valía a pena recrutarnos.
Desde ese punto, simplemente se volveu fodidamente estúpido.
Xa no eramos comentaristas e activistas.
Convertémonos nunha especie de expertas ou algo diso.
Certamente, convertémonos en desexadas polos servizos segredos, ese tipo de merda..
E empezou a sentirse realmente perigoso.
"Pacificado Clasificado"
"segue así estalo a facer ben"
"Perdiches a túa voz?"
"Non hai opción"
"Xoga o xogo"
"dócil e calado"
"Se o/a observador/a pasiva"
"séntate e mira"
"ao mundo que destrúen"
"e a paz que levan"
"non fagas preguntas"
"non escoites mentiras"
"e vas a estar vivindo na comodidade"
"do paraíso dun/ha parva"
"Xa estás morto"
"se es un/ha observador/a pasiva"
"aquí hai unha mensaxe para ti"
"xa estás morta, xa estás morta"
"con medo de facer o que deberías facer"
"xa estás morta, xa estás morta"
"o mundo está ao borde da destrución nuclear"
"mais tes demasiado medo a conectar os feitos"
"segues pensando que o sistema está aí para protexerte"
"xa estás morta, xa estás morta"
- Hai chamas, está mellorando..
- Por que cres que Crass tivo éxito na súa época?
- Porque as cousas que diciamos, diciámolas en serio..
Viviamos esa verdade.
Viviamos o que diciamos. Eramos a evidencia do que diciamos.
A xente podía vir, e é benvida a facelo, como sempre o foi,
e podían ver que non faciamos nada Tiñamos moitos cartos algunhas veces
-moitas veces- pero ía para outros proxectos.
O feito de que Crass tivera diñeiro, non facía ningunha diferencia aquí.
Seguimos sen diñeiro, seguimos sen diñeiro..
porque todo o diñeiro que temos, vai directo a..
algo creativo ou a un proxecto social.
Financiamos un centro anarquista en Londres. Iso foi o máis claro que fixemos.
Probablemente unha das cousas máis custosas que fixemos.
Cada concerto que dabamos, cada centavo que gañabamos ía..
ao local dalgunha organización, como ao centro de crises por violación, tal vez a alguén..
que quería facer un fanzine. Algunhas bandas necesitaban micrófonos, ou..
o Clube de Mozos necesitaba unha mesa de ping pong, algo..
Tomabamos o que necesitabamos, o cal era suficiente para pagar o combustible, ter comida.
Nunca quedabamos en hoteis ou cousas así.
Só lle preguntabamos á xente se tiñan un lugar para quedarmos.
Sempre volviamos terriblemente arruinados, a pesar de facer moito diñeiro.
- Jimmy Pursey de Sham69 estaba traballando con..
Polydor, e estaba esta cousa que ía facer, que se chamaba O paquete de Pursey..
Desde xa dixémoslle "Anda vai á merda, estamos ben solas",
"Os estudios de Crass, todo, estamos ben, grazas.. " "Imos ver que ten este tipo para ofrecernos.. "
O tipo aparece na súa oficina, detrás do seu escritorio cun floreiro..
- " As bebidas?" .. E as bebidas chegan. "Wow!"..
E di: "Podo comercializar a súa revolución."
" Podo metelas en propiedade. Gañarían moitísimo diñeiro. "
E foi como "Fantast.. Nooo, Anda vai á merda!"
- Que lle dixeches? - Grazas, pero non, grazas.
Fomos corteses. Simplemente non estabamos interesadas. Como podiamos facelo?
Ata o día de hoxe non podo facer esas cousas coas que sento que me estou a vender..
non vendendo, pero a miña conciencia pertúrbame..
É algo bonito para ter, porque con sorte nunca me vendín, si é que sigue iso sendo relevante..
"Si, así é, o punk está morto"
"É outro produto barato para a cabeza da/do consumidor/a"
"Rock de chicles en transistores plásticos"
"pelexas de mocosas sostidas por grandes produtores"
"CBS auspicia a The Clash"
"Non é pola revolución, só por diñeiro"
"O punk converteuse nunha moda como foron as hippies"
" E non ten nada que ver contigo ou comigo"
" Os movementos son sistemas e os sistemas matan"
"Os movementos son a expresión do que quere a xente"
"O punk converteuse nun movemento porque sentímonos perdidas"
"As líderes vendéronse e agora todas pagamos o prezo"
"O narcisismo do punk foi unha bomba para a sociedade"
"A Steve Jones empezoulle a ir realmente ben"
"predicando revolución, anarquía e cambio"
"mentres se alimentaba do sistema, que lle dera o seu nome"
- Oh, esa é fermosa..
Ignorant e Gee.
tema romántico.
- Mira, o mastro sigue en pe. Eses son Joy, Ron, eu..
- Non parece que pasou tanto tempo, é curioso, non?
Non se semella a ti para nada...
- Como rematou Crass?
- Creo que se estaba desenrolando unha ruptura.
Non o creo, seino
Fixemos unha xira en 1983, creo, e eu escribín un..
artigo cuestionando a honestidade do pacifismo..
no sentido de que é moi fácil predicalo pero..
pero podes ser coherente con el?
Nese momento era evidente,que se estaba dando unha separación...
non era só o tema do activismo/pacifismo, o tema da seguridade/non seguridade,
o tema do espiritual/material, toda clase de cuestións..
aparecían diferencias, e esas cousas, é algo simple pero é moi importante..
porque outras persoas..
veno como un estilo de vida, e eu non entendo iso.
eu non entendo estilo de vida. Eu entendo Vida.
Estilo de vida creo que é un tipo de absurdo.
Non eramos prostitutas. Eu non son unha prostituta.
- Eu estaba enferma, fisicamente enferma.
Superábame. Para min..
era continuo. A banda ensaiaba..
facía os concertos, e eu estaba aí facendo as películas, metida en moitas cousas..
pero cando volvía, tiña que empezar unha nova etapa.
Así que, foron uns 8-9 anos bastante intensos.
Cando paramos, sabiamos que de todas formas ía a pasar,
Sempre dixemos que en 1984 ou por aí.. Cando Andy se foi..
en 1983 ou a principios do '84, soubemos que era un final natural,
non había maneira de substituílo,
el só quería volver atrás ao que a el realmente lle gustaba, pintar.
Creo que estaba esgotado, todas estabamos esgotadas a dicir verdade
Incluso, a forma en que eramos postas nun pedestal,
a forma na que a xente esperaba, que fará agora Crass.
Non estabamos para iso. Estabamos para empoderar á xente.
Non empoderala para dicir "- Que facemos agora?"
" A onde imos agora?" Ese non era o noso rol.
Só tratabamos de compartir un interior, experiencias que tiñamos.
Ao principio de todo, 1984 era o momento da ruptura,
se non lográbamos dicir o que queriamos nese tempo, quizais
non tiña sentido seguir..
- Sería unha institución. - Si, exacto.
E foi daquela cando nos empezamos a converter niso, e non estabamos interesadas.
- 7 anos despois do comezo era un longo tempo.
E todas eramos. - Así se sentía?
- Si,viviamos un teatro, día e noite.
Recordo unha vez que estaba facendo o amor con Eve e pensaba..
Wow, estou facendo o amor con Eve Libertine, non facéndoo con Bron Jones, que é a miña noiva..
Estou a facer o amor a unha especie de idea. Ese tipo de cousas.
Empecei a darme conta.. en 7 anos pódeste converter nunha idea de ti mesmo.
Non ti mesmo.
Porque te esqueceches de quen es. Porque todo o día, a cada maldito momento,
ser ou estar no estudo, ou escribindo un tema, facendo unha entrevista, sendo isto e aquilo.
Non tiveches tempo para saber quen es.
E por iso foi tan doloroso cando paramos coa banda.
Porque estabamos no almorzo e estabamos aí sentadas..
e era como " quen carallo es?" porque xa non tiñamos algo que nos conectara.
"Estou só."
"Non te coñezo."
"Última emenda."
"E son o nómade."
"E son o graxa"
"E esta é a miña hora."
"E este é o meu lugar."
"Non vou a aceptar ningunha desculpa"
"Ningún pálido reflexo da posibilidade"
"Non hai ningunha forza máis que a miña"
Dalgún modo,
cando escribiamos cousas, ou cando eu escribía cousas para Crass..
estaba definindo unha forma de vivir.
Especialmente, non hai autoridade máis que ti mesma.
Basicamente, porque Gee e eu quedaramos..
e tratamos de vivir por iso
Todo o tempo, era como ti viñeches aquí por iso..
Basicamente para ver se o estabamos facendo.
E verdade, non?
En certo modo, ata que punto funcionou ese soño?
Esa é unha pregunta que nos facemos as dúas todo o tempo.
Ata que punto o soño funciona?
Como podemos facer que funcione mellor?
A cultura da mercancía logrou unha estraña influencia,
e parece estar crecendo unha influencia nos petos da resistencia..
Pode que nos volvamos moi illadas.
- Onde están os mozos e as mozas anoxadas hoxe en día?
Podes ver unha banda de punk rock nun pub de por aí..
Pero onde está esa xente no sistema, ou
no mundo pop do sistema ou na industria da música,
que din "isto está fodidamente mal",
"Vai á merda", érguete, Que lle pasou a esa voz?
Foise todo.
"Teremos fracasado na nosa responsabilidade da vida mesma."
"Xa pasou antes que as desposuídas se levantasen contra el/ela opresor/a"
"Só para ser golpeadas de novo. Pero en algún caso triunfaron."
"A nosa causa é xusta, Depende de cada unha, sola, de dar o mellor."
"Debemos aprender a superar os medos."
"Temos que entender que a forza que teñen é a forza que lles damos."
"Es ti, el/ela observador/a pasiva, quen lles deu poder."
"Estás sendo usada e abusada"
"Vante descartar apenas che saquen o que queren de ti."
"Tes que aprender a vivir coa túa propia conciencia, e a túa propia moral,"
"Ti es dona da decisión, es dona de ti mesma"
"Ti podes facelo sola"
"Non hai máis autoridade que ti mesma."
"NON HAI MÁIS AUTORIDADE QUE TI MESMA"
Download Movie Subtitles Searcher from www.OpenSubtitles.org