Tip:
Highlight text to annotate it
X
A casa preferida dos franceses, é a casa de Nicolas e da súa familia.
Non é unha cabana ! É un espléndido “chalet” de montaña.
Un “chalet” é una casa de madeira. Fixádevos o soleado que é !
Esta é a cociña, sinxela máis ben equipada... como todas as cociñas, cunha vitrocerámica, un forno, unha neveira, estantes...
Esta é a terraza cuberta con cadeiras e prantas.
E esta é a gran terraza soleada. No verán, é o comedor.
Como as fiestras están ben situadas, hai moita luz.
Para xogar, o xardín é inmenso.
Xa coñece a cociña... imos ao salón. Sinxelo, espazoso, con grandes cortinas...
No inverno, aos nenos encántalles xogar ao carón da cheminea.
Moi importante, para aforrar en calefacción, a casa dispón dun tellado vexetal.
Na habitación dos pais, pódese ver a tele tranquilamente na cama.
Para rematar, non esquezamos o garaxe... Pero sentimos dicirvos que esta casa non está á venda.