Tip:
Highlight text to annotate it
X
Estás a ver British Television.
Ben feito!
Webserie sen título sobre un viaxeiro do espazo que tamén pode viaxar polo tempo
XUVENIL O EXTRAORDINARIO, Parte 1 por Eric Loya e Travis Richey
Ah, vaia, este lugar vaiche encantar, Piper.
Teño gana dun pouco de paz e tranquilidade.
Salvar aquela civilización de persoas-can dunha extinción segura
foi máis difícil do que podería pensar!
Si, vaia, non hai nada que facer por aquí salvo explorar e deixar as preocupacións de lado!
Vaia, onde estamos, Inspector?
Ah, ah, ah!
Certo, certo, sempre me esquezo.
CANDO estamos?
Ah, si, vaia, estamos no ano tres mil millóns, e isto é a Segunda Nova Vella Terra Sete!
Segund... Espera aí, como era?
Segunda Nova Vella Terra Sete! Oh, é marabillosa!
Verás, cando a túa Terra ficou inhabitábel, a humanidade colonizou outros planetas.
Mais o nome continuou a ser transmitido, de Terra a Terra
e a Sétima Terra foi considerada o cume absoluto da civilización e iluminación humanas!
E entón, debido ao ascenso de Terra 42... ugh...
a VELLA Terra Sete foi convertida nun tipo de museo vivo!
Como Bletchley Park!
Non, para nada!
Porén, a corporación que manexaba a Vella Terra Sete quebrou, e os dereitos foron adquiridos por outra,
que fixo un grande redeseño e lanzou a NOVA Vella Terra Sete!
Oh, iso si que foi unha festa...
Até que un leve erro de cálculo na órbita provocou que caese dereitiña ao sol!
E, vaia, sabes o que din sobre as tortillas e os ovos, de modo que aquí estamos,
SEGUNDA Nova Vella Terra Sete. O planeta máis pacífico dos universos,
onde absolutamente nada pode nunca, nunca ir mal, nunca.
Contra, Inspector...
Mais... por que se asemella TANTO á miña Terra?
Ah, vaia, hai unha explicación moi simple e completamente satisfactoria para iso, e todo ten que ver con...
Fulanos Circuíto.
O que? Non, non ten nada que ver con...
Non, Inspector, Fulanos Circuíto!!
INTEGRAR! INTEGRAR!!
Fulanos Circuíto! Por que non o dixeches, Piper!
Os meus inimigos acérrimos, con que teño combatido a través das estrelas!
Os seres máis crueis e perigosos da galaxia, que cuspirían na túa nai só con que ollase para eles...
Inspector!
Hmm?
Non debiamos correr?
Oh! Oh, non, non. Teño isto.
Aínda ben que sempre levas a túa navalla óptica!
Si, vaia, sempre listos, ese é o meu lema.
Que bo boy scout es...
Si, vaia, eu inventei os Boy Scouts.
Espera, que foi iso?
Abofé, pacífico, pacífico, pacífico, pacífico planeta.
E xa sabes o que din, dúas cousas malas nunca poden acontecer nunha soa aventura!
Quen o di?
Eu. Acabo de dicilo. Teño que repetilo?
Si, case que sería mellor!
Son os Fulanos Circuíto sempre tan fáciles de vencer?
Por que habían de ter un sistema de alarma no planeta máis pacífico dos universos?
E dixo Piper, "persoas-can"??
Cada unha destas preguntas pode ser ou pode non ser respondida na próxima semana!
Na mesma Espazo-Canle!
No mesmo... ESPAZO-TEMPO!
Tradución: MeigaSubs www.osarquivosdameiga.com