Tip:
Highlight text to annotate it
X
[Música instrumental]
Daria Musk: Comecei a compor cancións aos 14 anos e soñaba con que quizais había
persoas noutros sitios para as que podía cantar, que a miña xente estaba en algures.
Así que me rexistrei en Google+: foi sinxelo e divertido. Colguei unha nota
escrito a man que poñía: "Hangout: concerto con Daria Musk".
Premín Iniciar hangout e non había ninguén. Pensei: "Non pode ser..."
Xa tocara en salas baleiras e coñecía ben esa sensación.
E de súpeto, apareceu unha cara, e outra, e máis outra... Quedei abraiada co alcance
inmediato que conseguiu.
Fixemos tres concertos por hangout multitudinarios, e no terceiro participaron
máis de 200.000 persoas... Así que todo o mundo ten a súa oportunidade.
Podemos tocar "Faime +1", que é a canción do hangout.
[Cantado: Vin o amencer en Noruega a través do meu portátil…]
Nos hangouts puiden crear unha sensación de inmediatez e autenticidade coa xente
que agora podo continuar coa publicación real da miña música.
De feito, puidemos tomar o audio deses concertos e incluílo no meu primeiro
álbum en directo.
[Cantado por Daria e R.A.M.: … Faime +1, faime +1...]
Agora mesmo, se entras en Google+ e demostras que estás a facer algo chamativo,
fixaranse en ti, así funciona.
Hai xente que se asocia e que atopa público en todo o mundo instantaneamente.
[Cantado: Amor, amor, amor. O xeito no que me fas mover...]
Google+ cambiou a miña vida e o meu corazón por completo. Cambiou todo nun instante.
[Cantado: Amor, amor, amor]