Tip:
Highlight text to annotate it
X
Translator: Xosé María Moreno Reviewer: Adrián Levices Casal
Moitas grazas, Chris. De verdade, é unha gran honra
ter a oportunidade por segunda vez de vir até este auditorio. Estou moi agradecido.
Estou entusiasmado con esta conferencia e quero agradecervos a todos os moitos
comentarios amabeis sobre o que dixen a outra noite
E dígoo con sinceridade, en parte porque --(salouco finxido)-- o necesito (risos)
Póñanse no meu lugar!
Voei no Air Force Two durante oito anos.
Agora teño que quitarme os zapatos ou botas ao subir a un avión
(Risos) (Aplausos)
Contareilles unha breve historia para ilustrar como me foi.
É unha historia real -- cada anaquiño dela é real.
Loguiño de Tipper e eu deixarmos a --(salouco finxido)-- Casa Branca --(Risos)--
dirixímonos até a nosa casa en Nashville, unha pequena granxa que temos
a 50 millas ao leste de Nashville --
no noso propio coche
Xa sei que isto soa algo cativo sen importancia, pero --(Risos)--
Mirei polo espello retrovisor e de súpeto decateime.
Non había ningunha fileira de coches detrás
Ouviron falar da dor por un membro amputado? (Risos)
Éralles un Ford Taurus alugado. Era a hora da cea
e empezamos a buscar un lugar onde comer.
Estabamos na I-40. Collemos a saída 238 por Lebanon, Tennessee.
Deixamos atrás a saída e empezamos a buscar --atopamos un restaurante Shoney's
Unha rede de restaurantes familiares económicos, para quen non o saiba.
Entramos e sentamos e a camareira achegouse,
causoulle unha gran impresión a Tipper (Risos)
Tomounos nota e foi atender á parella que estaba nunha mesa a carón,
e baixou tanto a súa voz que tiven que estricarme para ouvir o que estaba dicindo.
Dixo: "Si, son o ex-Vicepresidente Al Gore e a súa miller Tipper".
E o home dixo, "Viroulle moito a vida, non si?" (Risos)
E téñenme acontecido toda unha serie de epifanías coma esta.
No día seguinte, e segue a ser unha historia real,
subo a un G-5 para voar até Africa onde tiña que dar unha conferencia en Nixeria,
na cidade de Lagos, sobre a enerxía.
Empecei a conferencia contándolles a historia que nos acontecera
o día anterior en Nashville
Conteina case igualiño a como a fixen con vostedes
Tipper e eu conducindo o coche, Shoney's: os restaurantes familiares económicos,
o que dixo o home --riron.
Dei a conferencia, e despois regresei ao aeroporto para volver a casa.
Fiquei durmido no avión, até ben entrada a noite,
aterramos nas Azores para repostar.
Acordei, abriron a porta, e saín para tomar un pouco de ar fresco,
e vin que había un home correndo pola pista.
Estaba movendo un papel e berraba,
Chame a Washington! Chame a Washington!
E pensei para min, no medio da noite, no medio do Atlántico,
que irá mal agora en Washington?
Entón lembrei que podían ser unha morea de cousas.
(Risos)
Mais o que sucedía é que o meu persoal estaba moi desgustado porque
un dos servizos de comunicación de Nixeria escribira sobre a miña conferencia.
E xa fora editada en cidades de todos os EEUU
Comprobei que fora impresa en Moterey e dicía así,
"O ex Vicepresidente Al Gore anunciou onte en Nixeria,
"A miña muller Tipper e eu acabamos de abrir un restaurante familiar económico co nome de Shoney's,
e somos nós mesmos quen o traballamos". (Risos)
Antes de chegar ao solo dos EEUU,
David Letterman e Jay Leno xa empezaran
--un deles tíñame levando un enorme chapeo branco de cociñeiro,
Tipper dicía, " Unha hamburguesa máis, con patacas!"
Tres días despois, recibín unha longa e amábel carta manuscrita do meu colega
Bill Clinton que dicía, "Felicidades polo novo restaurante, Al"
(Risos)
Gústanos celebrar os éxitos nas nosas vidas.
Ía falarlles sobre información e ecoloxía.
Mais pensaba que desde que decidín acudir con regularidade a TED,
quizais podería falar diso noutro momento. (Aplausos)
Chris Anderson: é un bo trato!
Al Gore: quero centrarme en aquilo que moitos de vostedes están interesados en que desenvolva.
Que poden facer vostedes ante a crise climática? Quero empezar con--
amosarlles algunhas imaxes, e vou reutilizar só catro ou cinco.
Empecemos coas diapositivas. Renovo o diaporama cada vez que o utilizo.
Engado novas imaxes porque cada vez que expoño o diaporama aprendo algo máis.
É como camiñar pola praia, saben? Cada vez que marea a abala e devala
atopamos algunha nova cuncha.
Nos últimos dous días, recollemos novos records na temperatura en xaneiro.
E só nos Estados Unidos. A temperatura media en
Xaneiro é de 31 graos. O mes pasado tivemos 39.5 graos
Ben, sei que queren máis malas noticias sobre o medio ambiente
--Estou bromeado-- pero estas son as diapostivas reutilizadas,
e despois vou falar do novo material sobre o que vostedes poden facer.
Pero quería centrarme nun par destas fotos.
Primeiro de todo, isto é onde temos previsto chegar coa contribución dos Estados Unidos ao quecemento global,
nos negocios coma sempre. Eficiencia no uso final da electricidade e de calquera clase de enerxía
é o máis baixo. Eficiencia e conservación:
non é un gasto; é un beneficio. O signo está errado.
Non é negativo; é positivo. Son investimentos que se pagan a si mesmos.
Mais eles son moi efectivos en nos desviaren do noso camiño
Coches e camións --Falarei diso nesta diapositiva,
pero quero situar isto na súa perspectiva
É unha evidente causa de preocupación, e debería selo,
pero hai máis contaminación causante do quecemento global que procede dos edificios
que a causada polos coches e camións.
A dos coches e camións é moi significativa, e nós temos os peores niveis do mundo,
e así deberiamos afrontalo. Pero iso é parte deste quebra-cabezas.
Outra eficiencia no transporte é tan importante como a dos coches e camións!
As enerxías renovábeis nos actuais niveis de eficiencia tecnolóxica
poden facer isto moi diferente, e co que Vinod e John Doerr e outros,
moitos de vostedes aquí -- moita xente directamente involucrada nisto
-- esta porción vai medrar moito máis rápido do que é previsto polas proxeccións actuais.
Captura e Secuestración de Carbono -- É o que CCS significa
é como converterse no derradeiro recurso
que nos permita continuar usando combustíbeis fósiles dun xeito inofensivo.
E aínda estamos lonxe.
Ben. Agora, que é o que poden vostedes facer? Reducir emisións nas súas casas.
Moitos deses gastos son ademais beneficiosos.
Illamento, un mellor deseño, mercar electricidade verde alí onde sexa posíbel.
Falei dos automóbiles -- merquen un híbrido. Collan o tren
Averiguar que outras opcións son moito mellores. É importante.
Ser un consumidor verde. Poden escoller cada vez que compran,
entre cousas que agravan máis ou menos
a crise climática global.
Teñan en conta. Tomen a decisión de vivir unha vida sen exceso de carbono
Aqueles de vostedes que sexan bos en marketing
Sería para min un pracer recibir o seu consello e axuda sobre
como dicir isto dun xeito que conecte coa maioría da xente.
É moito máis doado do que pensan. Sen dúbida.
Moitos de nós xa temos tomada esa decisión e é bastante doada.
Significa: reducir as túas emisións de dióxido de carbono coas moitas e variadas escollas que facemos,
e daquela mercar ou conseguir compensacións polo exceso que non puideron
reducir completamente. O que quere dicir todo isto está explicado en climatecrisis.net.
Hai un calculador de carbono. Participant Productions invitou,
coa miña activa colaboración, os mellores programadores do mundo
nesta arcana ciencia do cálculo de carbono para construír unha
calculadora para o consumidor respetuoso de carbono.
Poden vostedes calcular de xeito moi preciso as súas emisións de CO2
e daquela ofreceránselle opcións para reducilas.
E cando a película sexa estreada en Maio, actualizaremos isto para a versión 2.0
e poderemos clicar en comprar as compensacións
Despois, consideren converter os seus negocios en carbono-neutrais. Algúns de nosoutros xa o logramos,
e non é tan difícil como pensan. Integren as solucións climáticas en todas as súas innovacións,
traballen en tecnoloxía, ou entretemento,
ou deseño e arquitectura.
Invistan en sustentabilidade. Xa o dixo Majora.
Escoiten, se vostedes teñen investido cartos en xestores aos que
recompensan sobre a base do seu traballo anual,
nunca volvan a queixarse do informe trimestral da CEO
Co decorrer do tempo, a xente fai aquilo para o que vostede lles paga. E se eles xulgan canto
van receber do capital que vostedes investiron,
basándose en cálculos a curto prazo, vostedes obterán a cambio decisións tomadas tamén a curto prazo.
Hai moito máis a dicir sobre isto.
Tórnense en catalizadores do cambio. Ensinen a outros; aprendan; falen sobre isto.
A película está pronta --a película é unha versión do diaporama
que dei hai dúas noites, mais moito máis entretido. E será estreada en maio.
Moitos de vostedes teñen a oportunidade de asegurar que moita outra xente a vexa.
Pensen en enviar a alguén a Nashville. Escollan ben a persoa.
E eu personalmente vou formar a xente para que dean este diaporama, reorientada,
con algunhas das historias persoais obviamente cambiadas por asuntos máis xenéricos,
e --non é só as diapositivas, é o que significan. E a relación que hai entre elas.
e daquela vou dirixir un curso este verán
para un grupo de xente escollida por diferentes colegas para vir e dar a presentación
en masa, en comunidades ao longo do país,
e actualizaremos a presentación para todos eles cada semana
para mantela perfecta e actualizada.
Traballarei con Larry Lessig, e nalgún momento de todo este proceso,
a presentación terá ferramentas e dereitos de uso
para que a mocidade poida reeditala e facelo á súa maneira.
(Aplausos)
De onde tiraron algúns a idea de que debemos distanciarnos da política?
Isto non quere dicir que se vostede é un republicano ao que trato de convencer de
facerse Demócrata. Necesitamos Republicanos tamén. Isto soía ser unha cuestión bipartidista,
e sei que o é neste grupo. Tórnense politicamente activos.
Fagan que a nosa democracia funcione como está suposto que o faga.
Apoien a idea de limitar as emisións de dióxido de carbono, a contaminación que causa o quecemento global,
e o negociar con el. E o por que: mentres os EUA estean fóra do sistema mundial,
non será un sistema pechado.
Unha vez que o sistema estea pechado, coa participación dos EUA
entón todos aqueles que forman parte do corpo de directores
--cantos dos aquí presentes traballan no corpo directivo dunha corporación?
Unha vez que o sistema estea pechado, terán vostedes responsabilidade legal se non urxe a súa CEO
para conseguir os máximos ingresos por reducir e negociar as emisións de carbono
que poden ser evitadas. O mercado funcionará para solucionar este problema se logramos isto
Axuden coa campaña de persuasión en masa que empezará esta primavera.
Temos que cambiar as mentes dos americanos. Porque nestes intres os
políticos non teñen permiso para facer o que cómpre facermos.
E no noso moderno país, o papel da lóxica e da razón xa non inclúe
a mediación entre a saúde e o poder tal e como unha vez o fixo.
Agora será a repetición de breves, importantes, anuncios de 30 ou 28 segundos.
Temos que mercar moitos destes anuncios.
Temos que crear unha nova marca para o quecemento global tal e como moitos de vostedes suxeriron.
A min gústame "crise climática" en lugar de "colapso climático",
mais de novo, todos aqueles de vostedes que son bos coas marcas necesito a súa axuda nisto.
Alguén dixo que a proba ante a que estamos, díxomo un científico,
é se a combinacion dun polegar oposto
e un neocortex é unha combinación viábel.
Iso é certo. Dixen a outra noite, e repetireino agora: isto non é unha cuestión política.
Outra vez para os Republicanos presentes, isto non debería ser unha cuestión partidista.
Vostedes teñen máis influencia da que temos os Demócratas.
Esta é unha oportunidade. Non só isto, mais conecten coas ideas que hai aquí.
para facelas máis coherentes.
Nós somos un.
Moitas grazas, estou moi agradecido.
(Aplausos)