Tip:
Highlight text to annotate it
X
Translator: Andres Corral Reviewer: Adrián Levices Casal
Estou aquí para compartir 'a miña' fotografía.
Isto é fotografía?
Porque, claro, esta é unha fotografía
que non poden sacar coas súas cámaras.
Con todo, o meu interese pola fotografía
comezou cando conseguín a miña primeira cámara dixital
aos 15 anos.
Mesturouse coa miña paixón anterior polo debuxo,
mais foi un pouco diferente,
porque ao empregar a cámara
o proceso estaba máis ben na planificación.
E cando un saca unha fotografía cunha cámara,
o proceso termina cando se preme o pulsador.
Para min a fotografía tiña máis que ver
con estar no lugar idóneo, no momento idóneo.
Parecíame que calquera o podía facer.
Por iso quería crear algo diferente,
algo onde o proceso comezase
ao premer o pulsador.
Fotos coma esta:
unha construción nunha estrada moi transitada.
Pero ten un xiro inesperado.
E, a pesar disto,
mantén un nivel de realismo.
Ou fotos coma estas...
escuras e coloridas á vez
pero todas co obxectivo común
de manter o nivel de realismo.
Cando digo realismo
digo foto-realismo.
Porque, claro,
non é algo que poida ser realmente capturado
pero eu sempre quero que pareza que foi capturado dalgún xeito
como una fotografía.
Fotos nas que un terá que pensar un momento
para descubrir o truco.
Entón isto ten máis que ver con capturar unha idea
que con capturar un momento realmente.
Pero, cal é o truco
que as fai parecer reais?
Ten que ver cós detalles
ou coas cores?
Ten que ver coa luz?
Qué é o que crea a ilusión?
As veces a perspectiva é a ilusión.
Pero ao final trátase do noso xeito de interpretar o mundo
e como pode ser percibido nunha superficie bidimensional.
En realidade non trata de se é realista
senón do que pensamos que é realista.
Por iso creo que os fundamentos
son moi sinxelos.
Eu véxoo coma un crebacabezas da realidade
no que tomamos diferentes pezas da realidade e as xuntamos
para crear unha realidade alternativa.
Déixenme amosarlles un sinxelo exemplo.
Aquí temos tres obxectos físicos perfectamente imaxinables,
algo que todos podemos relacionar con vivir nun mundo tridimensional.
Pero combinados de certo modo
poden crear algo que aínda parece tridimensional;
como se poidese existir.
Pero, ao mesmo tempo, sabemos que non pode existir.
Así, enganamos aos nosos cerebro
porque o cerebro simplemente non acepta o feito
de que iso realmente non ten sentido.
E vexo o mesmo proceso
ao combinar fotografías.
Realmente consiste en combinar realidades diferentes.
Entón as cousas que fan que unha fotografía pareza realista,
creo que son esas nas que nin sequera pensamos;
as cousas que nos arrodean na nosa vida diaria.
Pero cando combinamos fotografías,
é realmente importante ter en conta isto.
Porque do contrario parecerá raro dalgún xeito.
Por iso me gustaría dicir que hai tres reglas sinxelas que seguir
para lograr resultados realistas.
Como poden ver, estas imaxes non son moi especiais.
Pero combinadas, poden crear algo coma isto.
Así que a primeira regla é que as fotos combinadas
deben de ter a mesma perspectiva.
Segundo, as fotos combinadas
deben de ter o mesmo tipo de luz.
E estas dúas imaxes cumpren con estes requisitos;
foron sacadas á mesma altura e co mesmo tipo de luz.
O terceiro punto trata de facer imposible distinguir
onde comezan e rematan as distintas imaxes
cunha unión perfecta.
Ten que ser imposible dicir
como se compuxo a imaxe en realidade.
Facendo coincidir a cor, o contraste e o brillo
nos bordes que hai entre as diferentes imaxes,
engadindo defetos fotográficos
como profundidade de campo,
cores desaturadas e ruído,
borramos os límites entre as distintas imaxes
e facemos que pareza unha soa imaxe,
a pesar do feito de que unha soa imaxe
en realidade pode ter centos de capas.
Este é outro exemplo.
(Risas)
Podería pensarse que isto é a imaxe dunha paisaxe
e a parte inferior é o que foi manipulado.
Pero esta imaxe está totalmente composta
por fotografías de distintos lugares.
Personalmente penso que é máis fácil en realidade crear un lugar
que atopalo,
porque un non precisa comprometer
as ideas que ten na cabeza.
Pero isto require moita planificación.
E como pensei esta idea no inverno,
sabía que tiña varios meses para a planificar,
para atopar os distintos lugares
para as pezas do crebacabezas.
Por exemplo,
o peixe foi capturado nunha saída a pescar.
As costas son dunha ubicación diferente.
A parte subacuática foi capturada nun pozo de pedra.
E si, mesmo fixen vermella a casa do cumio da illa
para que asemellase máis sueca.
Así que para lograr un resultado realista,
creo que fai falla planificación.
Sempre se comeza cun boceto, unha idea.
Logo hai que combinar as diferentes fotografías.
E aquí cada peza está moi ben pensada.
Se un fai un bo traballo ao tomar as fotos
o resultado pode ser moi fermoso
e á vez moi realista.
Todas as ferramentas están aí,
e o única cousa que nos limita
é a nosa imaxinación.
Grazas.
(Aplausos)