Tip:
Highlight text to annotate it
X
Ola, chámome Marcin.
Son agricultor e tecnólogo.
Nacín en Polonia e agora, nos EEUU.
Montei "Open Source Ecology"
e propuxémonos un obxectivo grande e audaz
Eliximos 50 máquinas que cremos necesarias
para que exista a vida moderna.
As cousas das que dependemos tódolos días, coñezámolas ou non
Como tractores, fornos de pan ou construtores de circuitos.
E propuxemos crear unha versión de código aberto
que calquera pode crear e manter por unha parte do custe.
Chamámolo "Kit de construción da aldea global".
Estamos inventando roda aquí?
Si. Vouvos contar algo:
Aos vinte e pico era doutor en enerxía de fusión
e descubrín que era un inútil.
Non tińa habilidades prácticas.
O mundo deume opcións e collinas.
Coido que se pode chamar consumismo.
Comecei unha granxa en Missouri e aprendín sobre economía agrícola.
Merquei un tractor... e logo rompeu.
Paguei para que o arranxasen... e volveu romper.
E de alí a pouco, eu tamén estaba arruinado.
Decateime de que as ferramentas axeitadas, económicas
que precisaba para montar unha granxa
e un establecemento sostibles, aínda non existían.
Precisaba ferramentas robustas, modulares
moi eficientes e optimizadas, baratas
feitas con materiais locais e reciclados
que duren toda a vida
non deseńadas para a obsolescencia.
Decateime de que as tería que crear eu mesmo.
E iso fixen.
E probeinas.
E comprobei que a produtividade industrial
se pode lograr a pequena escala.
Entón publiquei os deseños 3D, os esquemas
vídeos de instrucións e presupostos nunha wiki.
Logo comezaron a aparecer colaboradorxs de todo o mundo
con prototipos de máquinas novas en visitas dedicadas a proxectos.
Ata o momento, temos prototipos de 8 das 50 máquinas.
E agora o proxecto está comezando a crecer por si só.
Sabemos que o código aberto tivo éxito en software
e ferramentas de xestión do cońecemento e creatividade.
E o mesmo comeza a pasar co hardware.
Estámonos a centrar no hardware
porque o hardware pode cambiar a vida das persoas
de xeitos moi tanxibles.
Se podemos reducir as barreiras á agricultura
á construción e á fabricación
poderemos deixar á solta moitísimo potencial humano.
E non só no mundo en vías de desenvolvemento.
As nosas ferramentas fanse para granxeirxs dos EEUU, construtorxs
e creadorxs
que empregan a nosa libraría pública
e agora comezan un negocio na construción
na fabricación de pezas
na agricultura orgánica comunitaria ou na venda de enerxía á rede.
A nosa meta é crear un depósito de deseńos publicados
tan claro e completo
que unha simple copia DVD sexa un kit de iniciación
para unha civilización.
Plantei 100 árbores nun día.
Puxen 5000 ladrillos nun día con terra baixo os meus pés
e construín un tractor en 6 días.
Polo que vin, isto só é o comezo.
Se esta idea é realmente boa, as implicacións son significativas.
Unha maior distribución dos medios de produción
cadeas de suministros respectuosas co ambiente
e un renacer da cultura de facer as cousas unhx mesmx
poden axudar a superar a escaseza artificial.
Facemos unha pregunta
Cales son os límites
na tecnoloxía de hardware aberto
no senso do que todxs podemos facer
por un mundo mellor?
Grazas.
(Aplauso)