Tip:
Highlight text to annotate it
X
Isto non ten nada que ver coa física, mais sabedes que ás veces as tendas tipo kitsch teñen letreiros
onde "the" é escrito con "Y"? Preguntástesvos algunha vez de onde viña? Runas antigas.
Cando a xente comezou a escribir en ingles antigo, os sons [þ] e [ð] eran representados
por un símbolo chamado thorn. Como en, "Þ-O-R-N". O uso dun dígrafo, isto é, dúas letras separadas,
para representar thorn, só foi introducido polo francés e o seu tolo "xeito-de-escribir-máis-letras-das-pronunciadas"
despois da invasión normanda.
Entón os escribáns ingleses comezaron a usar "T-H" para escribir os novos empréstimos innecesarios do francés como "theatre",
"Esther," e "neanderthal", e ao tempo tornáronse máis descoidados e foron deixando de escribir
a parte superior do thorn por preguiza. Así, cando as imprentas comezaron a chegar a
Inglaterra a finais do século XV e os seus caracteres europeos non tiñan cuño para
a letra thorn, os impresores creativos decidiron que "Y" era parecido abondo, e á parte aforraban
o valioso espazo dunha letra en comparación co máis artístico e novidoso "T-H". Deste xeito,
podían abreviar "the" (o) como Y-E, "that" (ese) como Y-T, "this" (este) como Y-S, e así por diante, como neste extracto
do Pacto do Mayflower, ou "ye olde philadelphia mint" (a vella menta de Philadelphia).
E de aí é de onde vén a escrita "the olde shoppe" (a vella tenda)… de modo que cando escoites xente pronunciar
Y-E como "yee", podes querer lembrarlles que "ye" en inglés antigo significa "vós"…
e tan frío como é, non creo que "vós vella tenda" transmita o ambiente de "Merry Old England" (Feliz Vella Inglaterra)
que estamos a procurar.