Tip:
Highlight text to annotate it
X
Baixar da furgoneta
no cabo de Ortegal
lembrando aquel vello poema
xusto antes de tocar.
Ou no Bierzo galego,
coa xente do lugar,
ceando xuntos nas pallozas
na noite de San Xoán.
Verbas de mariñeiro
na praia de Massó,
mentres o sol quenta con raiba
os guindastres de Teis.
Revolta no Berbés,
mantendo Vigo en pé,
cidade proletaria.
Historias dunha terra
de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.
As dornas de Combarro
loitando contra o mar,
ou as gamelas de Ares
que nunca naufragarán.
Tractorada en Chantada
cun frío que nin dios,
resistencia en Montealto
e unha nova okupación.
Mencer en Carballiño,
coma sempre sen un can,
ir vendo crecer a Iñaki
a golpes de Rock & Roll.
A mocidade activa,
do noso Val Miñor,
berra para facerse oír.
Historias dunha terra
de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.
Facendo camiño ao andar
na volta que a música nos dá,
na cabeza, amizade,
xente ceibe coma o vento
ou as ondas do mar, un vento rebelde
que ven de lonxo, agora
nós nomeámo-lo furacán, e agora
que sone a música da colectividade
coas suas historias de cuncas,
terra, dignidade e mar.
A nosa música é do pobo e é
para o pobo!!
Historias dunha terra
de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.
Historias dunha terra
de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.
Camiñar e facer camiño.
Escoitar, aprender e compartir.