Tip:
Highlight text to annotate it
X
Xentes do desenvolvemento
Raimundo Reporteiro polo mundo
Raimundo é un reporteiro cunha grande experiencia.
Viaxa polo mundo enteiro axitando as conciencias.
Desde hai xa vinte anos vai coa súa cámara en riste
desenmascarando enganos que para outros non existen.
Empezou na súa terra, América, denunciando os abusos
de empresas con pouca ética e gobernantes obtusos. Empezou na súa terra, América, denunciando os abusos
de empresas con pouca ética e gobernantes obtusos.
Pronto viu que noutras terras as cousas se repetían
e en desastres, fames, guerras... as vítimas coincidían.
Tamén atopou xente de Bombay ata o Amazonas
comprometida e valente que aposta polas persoas.
Xente que comparte soños e os medios ao seu alcance.
Que puxo todo o seu empeño a pesar dos contratempos.
O seu esforzo propagouse como unha rede solidaria
e ao desenvolvemento achegou desde moi distintas áreas:
Con cabeza e corazón, formando profesionais
de saúde e educación en entidades locais.
Actúan con dilixencia ante calquera situación.
Con axuda de emerxencia ou aplicando prevención.
Traballan para que sexa un feito entre homes e mulleres
a igualdade dos dereitos e tamén dos deberes.
Apoiándose na ciencia, en temas de medio ambiente
revolveron as conciencias de todo tipo de xente.
Desde un discurso moi crítico con éxito reclamaron
no terreo político leis e pactos de estado.
Contan para as súas accións coa sociedade civil.
Únense ás súas actuacións desde a xuíza ao albanel
Con denuncias e campañas de sensibilización
desmontaron andrómenas con paixón e razón.
Todo isto viu Raimundo e despois fixo balance
da situación do mundo concluíndo que hai avances.
Perecorreuse verea, Aínda que hoxe o máis importante
é o choio que nos queda desde agora en adiante.