Tip:
Highlight text to annotate it
X
Alí onde comeza o mar, no lugar
no que planan as gaivotas e soñan as persoas. Nesas ondas con aroma a poema
que tantas veces nos dan a benvida. Onde o sol se oculta tralos ecos doutras épocas.
Alí, e non noutro lugar, vive A Coruña.
É nos seus paseos onde nos sentimos na casa,
rodeados do Obelisco, gardián do tempo e dos ventos, e da máxica rúa Real.
Arroupados pola súa praza maior, debedora do seu nome a unha muller que defendeu
a cidade contra vento e marea: María Pita. E xa que logo, reflectidos nesas cristaleiras
que encontran no mar a súa compañeira, a súa amiga.
É nos seus museos, como a Domus, onde
aprendemos mediante a experiencia de seu, ou a Casa das Ciencias, onde o saber
se entrelaza co ocio.
Unha cidade onde encontrar sorrisos e momentos
que regalar ao futuro.
É alí onde se ergue a súa impoñente Torre de Hércules,
o faro en funcionamento máis antigo do mundo e declarado Patrimonio da Humanidade,
que guía coa súa luz a milleiros de barcos desde os tempos dos romanos.
Alí é onde o castelo de Santo Antón,
unha fortaleza do século XVI, reina entre as grandes historias; esas que falan do fogar
de Xoana de Vega e da Armada Invencible.
Onde o Campo da Rata regala á vista unha homenaxe
aos caídos coa forma de solemnes megálitos e grandes menhires.
É alí onde nos podemos perder entre
os seus peiraos e diques, entre mariños e tripulantes. Atopar paz baixo a sombra de Breogán
e voar sobre xardíns cuxa beleza nos arrastra ao silencio do que contempla.
Onde alzar a mirada cara ao Millennium,
sabendo que foi el o que, nun duelo eterno de miradas coa Torre de Hércules,
nos presentou ao século XXI.
Só alí poderemos encontrar un gran
pulmón en plena urbe, praias tan longas que fan empequenecer o infinito, e horizontes
onde o mar se funde coa vista.
Son as súas xentes e a súa liberdade, os seus solpores,
a súa historia persoal, o seu carisma, a súa paixón, os que fan da Coruña
Un lugar para a ilusión.