Tip:
Highlight text to annotate it
X
Eu creo que o máis importante é que se a dor
E a enfermidade son un misterio.
Non tanto porque non se poida razoar sobre iso
Senón porque é tan fondo que incluso
hai xente que saca cousas boas da dor
Hai persoas ás que a dor lles fai ve-la vida
Dun xeito distinto. Saía vai pouco Abidal
nunha entrevista dicindo que
Despois de ter pasado por un cáncer
aprendera a valorar moito máis á sua familia
Que ás cousas que tiña.
E vendeu, por exemplo, tódolos seus coches
Pra axudaren a hospitales, a nenos e investigar enfermidades.
Partindo da base de que
O tema da dor sempre será un misterio
creo que a súa existencia é algo que ó longo prazo
nos libera dos nosos caprichos
E nos fai máis humildes e, polo tanto, máis capacitados
pra amar, que es la crave da felicidade.
Por outro bando, creo que a existencia da dor
é algo que de forma natural chama a unha
existencia dunha vida eterna que en primeiro lugar
compense as inxustizas vividas no mundo.
E, en segundo lugar, sexa algo
que faga parecer a todo o mal sufrido
unha parvada en comparación co que
agora queda.
Podemos facer todo tipo de teorías
sobre o sufrimento, a dor...
pero se nos fixaramos en Cristo
pois habería moitos xeitos que podería ter elixido
pra salvarnos. E elixiu morrer.
Elixíu a dor, a morte
Ten gracia porque no fondo
Deus se fixo home para salvarnos 36 00:01:28,884 --> 00:01:31,375 E se fixo home con todo o que leva consigo ser home.
Nós nos damos de conta de que ser home
Leva consigo sufrir e leva consigo a dor.
Pois a dor é consecuencia do pecado.
Da liberdade humana. Do mal.
Deus non peca.
Só unindo a nosa dor
á de Cristo, a súa morte na cruz
podemos darlle sentido porque no fondo
Axudando a completa-la súa tarea
de salvación.