Tip:
Highlight text to annotate it
X
PREGARIA POLA CHOIVA
Arquivo de Historia Oral de Sikinos
Entrevista sik28 . Media dell´Arte
Informante: Papa Theodoris
-Como se facía?
-Comezaban por vir aquí, cargar coas iconas
Pechaban os animais na corte, sen comer
para que Deus tamén lles valese
O pobo abstíñase de comer tamén
Tiñan fe. Crían de verdade. Ata choraban
Comezaban aquí
e ían en procesión polo camiño vello
cara o antigo templo de Episkopi
Durante a procesión
pregaban pola choiva en tódalas capelas
logo daban a volta toda á illa
despois baixaban ao porto
e do porto subían pró Mosteiro
Cando alí chegaban xa case chovía
O abade dicía “Andade lixeiros que vai chover”
e mal chegaban ao mosteiro
comezaba a pingar
Isto pasou. É un feito
- Mi madriña !
- Así se facían as pregarias
-E hoxe non se pode facer?
-Hoxe a Fe xa non é o que era
Intentámolo hai catro anos
Carrexámo-las iconas
axeonllámonos onde está mandado...
E mal chegamos ao primeiro peto de ánimas
comezaron a pedir para pousa-las iconas
e botar un cigarro...
Querían pousar as iconas para fumar!
E dixen eu, Que clase de pregaria é esta?
"No canto de auga,
o que Deus nos vai é botar Lume!”
Hainos que rían e non o tomaban en serio
Non, unha pregaria non se fai así
-Tomábano a coña?
-Si, si, hai quen ía lareteando
coma quen vai de paseo
A cousa hai que facela dende dentro
Tés que sentilo, con Fe
Antigamente os cativos ían diante da procesión
con velas acesas... e nenos, xente, curas
todos oraban e cantaban salmos
coma o “Kyrie Eleison”
E daquela chovía. Facían chover