Tip:
Highlight text to annotate it
X
Desde algún faiado vimos naves espaciais,
prememos no botón do triplo salto vital.
Estivo moi ben o feito de intentalo,
hai cogomelos bos, hai cogomelos malos.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla.
Existen fontaneiras que nos poden salvar o cu
aos príncipes que só temos príncipes azuis.
E falan dunha flor que perfora caparazóns,
unida a unha estrela que promete vidas extra.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla,
cunha planta carnívora ou movendo a muralla.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla.
Sempre nos matan.
Sempre rompemos a cabeza para que aparezan as moedas.
Hai moitos trucos por aí, ou é que os trucos son as regras?
E agora quen vai pagar todos os ladrillos rotos?
Iso sabíamolo xa desde Shigeru Miyamoto.
Podemos ir pola esquerda e aparecer pola dereita.
Xogarmos a partida sós ou facer vida de dous.
Tamén podemos estar tres e coñecer xente xogando.
Podemos estar só mirando, ou aquí cantando,
pero... quen controla o mando?
Porque sempre nos matan na mesma pantalla,
cunha planta carnívora ou movendo a muralla.
Porque sempre nos matan na mesma pantalla.
Sempre nos matan.