Tip:
Highlight text to annotate it
X
Levo máis de mil anos no país,
a súa historia é a miña historia, o seu destino o meu,
nacín coas vosas devanceiras, contigo eu sigo a vivir,
son a lingua, a lingua propia da Nación
de Breogán, dixo Pondal
mirei as ondas con Mendinho, eu deitada fronte ao mar,
falei con labregas e reis, escuros séculos vivín,
con Rosalía e mais Curros comecei o rexurdir.
Represión, persecución,
na ditadura, con firmeza resistín,
e hoxe en Galiza eu estou a esmorecer
dáme alento hoxe preciso de ti
Non eu non. Eu vou sobrevivir!
Sei que permanecerei viva mentres saiba como amar.
Teño a vida toda por vivir e todo meu amor para dar.
Vou sobrevivir. Eu vou sobrevivir!
Na música dos locais non te podo oír,
prohibido o paso tes en Tecno, Mate ou Física.
Ti non estás nunca no cine,
non te atopo nos xornais
eu falarei
como falou o meu avó de Trasmañó,
en Angorén,
ou en Laredo, en Igrexa e no Penisal,
todo berete falará,
e Redondela escoitará,
á parroquia de Chapela soar en galego xa!
Ao coidar,
e ao dispensar,
ou atendendo ás crianzas do mañá,
e coas dietas ou arquivando no hospital,
no traballo, o galego soará
Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Ao estudar,
ao traballar,
tamén ligando, ou de festa e a bailar,
se estou no Tuenti ou xogando ao balonmán,
e remando, ate Rande ou máis alá
Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falarei, sempre en galego